Redacción •  Galicia •  12/11/2021

Esquerda Unida fai un chamamento a mobilización en defensa da sanidade pública o próximo domingo 14, en Santiago de Compostela

Domingo 14, ás 12 desde a Alameda, Santiago de Compostela.

Esquerda Unida fai un chamamento a mobilización en defensa da sanidade pública o próximo domingo 14, en Santiago de Compostela

Venres, 12 de novembro de 2021.

Recortes orzamentarios, xubilacións non cubertas, contratacións precarias e en xeral o desmantelamento da atención primaria, é a constante que o Partido Popular aplicou á sanidade pública nos seus anos de goberno na Xunta de Galicia.

A todo isto hai que sumarlle, colas eternas nos centros de saúde, citas telefónicas como eixo da asistencia médica en lugar da presencial ou listas de espera de días ou semanas, incompatibles coa atención primaria.

A sanidade pública é un dos eixos vertebradores da sociedade e as políticas da Xunta de Galicia cos recortes mencionados anteriormente contribúe ao fomento das desigualdades entre a cidadanía.

É fundamental, por iso, unha maior dotación orzamentaria, un aumento de persoal e un xiro de cento oitenta graos respecto a as políticas que se realizaron nestes anos de goberno do Partido Popular.

Por todas estas razóns. Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para acudir de forma masiva á manifestación que se realizará o vindeiro domingo 14 ás 12 horas en Compostela en defensa da sanidade pública, a sanidade de todas e todos.


Esquerda Unida /