Redacción •  Galicia • 12/08/2020

Esquerda Unida reclama que á xustiza investigue a Juan Carlos de Borbón e reabra a querella criminal presentada en 2018

A querela criminal presentada ante o Tribunal Supremo contra o rei emérito xunto con outras sete persoas que se reparten a imputación de 13 supostos delitos.

Esquerda Unida reclama que á xustiza  investigue a Juan Carlos de Borbón e reabra a querella criminal presentada en 2018

Vigo, 12 de agosto de 2020. Eva Solla coordinadora de EU e secretaria do PCG, xunto con Rubén Pérez secretario de organización de EU e René Gamborino secretario de organización do PCG en representación de Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia presentaron hoxe un escrito nos xulgados de Vigo onde reclaman a reapertura da querella criminal presentada no 2018 por Izquierda Unida, o Partido Comunista de España e o Foro de Abogadas e Abogados de IU contra o rei emérito xunto con outras sete persoas.

A inviolabilidade da que dispón o rei emérito non pode significar que ante delitos de enriquecemento que poden operar contra a facenda pública, esta persoa ten que ser xulgada igual que calquera outro cidadán”, di Eva Solla coordinadora de EU, polo que ante esta situación “o que estamos a solicitar é cuestión de democracia e de xustiza, que quen foi xefe do estado poida ser xulgado neste país e responda polos seus actos”.

A querela criminal presentada ante o Tribunal Supremo contra o rei emérito xunto con outras sete persoas que se reparten a imputación de 13 supostos delitos -sete dos delitos son referidos directamente ao rei emérito, Juan Carlos de Borbón- entre eles están os de suborno, contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares.

Tras os contactos establecidos entre a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía suíza e que dan traslado ao Tribunal Supremo para que se investiguen «os fondos irregulares» que Juan Carlos de Borbón «tería depositados en Suíza e relacionados cos pagos realizados por Arabia Saudí», desde Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia solicitamos a reapertura da investigación pertinente.


Esquerda Unida /  Juan Carlos de Borbón /  Querella /  Redacción /  Tribunal Supremo /