Redacción •  Galicia •  08/05/2025

BNG exixe a Albares sancións a Israel, acabar co comercio co estado sionista e o fin do xenocidio e da ocupación de Palestina

Rego manifesta o apoio ao pobo palestino “porque é unha causa xusta, a causa da humanidade contra a barbarie que representa o estado de Israel”.

O BNG condena -e exixe que o Goberno condene- o ataque ao buque Conscience da Flotilla da Liberdade, que considera “un acto de terrorismo internacional por parte de Israel”.

BNG reitera o rexeitamento ao incremento do gasto militar.

BNG exixe a Albares sancións a Israel, acabar co comercio co estado sionista e o fin do xenocidio e da ocupación de Palestina

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, dirixiuse ao Ministro de Asuntos Exteriores na súa comparecencia na Cámara para exixirlle unha posición contundente por parte do Goberno español ante Israel, condenar o xenocidio do pobo palestino e colocar un punto e final ao comercio -especialmente de armas- coa entidade sionista. “Reclamamos acabar co comercio con Israel e o fin da ocupación de Palestina”.

O portavoz do BNG no Congreso lembrou que se mantén o bloqueo á Faixa de Gaza e chamou á atención sobre a fame que está a sufrir a poboación palestina. “Expertos falan de que se precisarían máis de 600 camións ao día de axuda humanitaria, especialmente alimentos. Hai 7 semanas que non entra ningún. Israel non permite que entre material sanitario nin que se reconstrúan os hospitais. A poboación morre de fame. Hai máis de 60.000 mortos, 20.000 crianzas e iso non motivou ningunha decisión de sancións contra a entidade sionista”.

Onde están as sancións a Israel?

Preguntou a Albares onde están as sancións ao Estado Israel por parte estado español?. Nin siquiera en cuestións simbólicas como excluila de Eurovisión ou de competicións deportivas. Nin siquera se fixo iso”.

Explicou que hai documentos que sinalan que hai máis 46 contratos con empresas de Israel. “A compra de munición por parte do Ministerio de Interior foi a que saíu recentemente á luz e levantou rexeitamento social e a movilización da opinión pública que lles fixo rectificar, mais estase a permitir escalas de barcos con armas para Israel en portos do estado, e tamén a saída de voos desde Zaragoza con material de duplo uso cuxo destino é Israel. Hai que acabar co comercio co Estado de Israel”.

O deputado do BNG o fin da ocupación de Palestina. “Ese debe ser o obxectivo. Reiteramos a nosa posición e apoio ao pobo palestino porque é unha causa xusta, a causa da humanidade contra a barbarie que representa o estado de Israel”, sinalou Rego.

Máis gasto militar non é máis seguridade.

Rego deixou clara a posición do BNG: “apostamos pola vía pacífica, diplomática e polo diálogo na resolución dos conflitos internacionais”. Reprochou que o Goberno porque aposte pola vía da escalada militarista e polo aumento do gasto en armamento.

Asegurou que máis gasto militar non é máis seguridade: “o que fai esta escalada é  aumentar o risco de confrontación, mesmo de que poida deflagrar un conflito militar a grande escala”. Rego enfatizou que “quen  quere a paz non prepara a guerra. O que fai é traballar pola paz”. O deputado do BNG censurou a decisión do Goberno de aumentar o gasto militar en máis de 10.400  millóns de euros porque “abre unha vía que difícilmente pode ter un bon final”.

Máis gasto militar será menos gasto social.

Manifestou o rotundo rexeitamento do BNG a esta vía que vai na dirección de cumprir co que “exixen os EUA e Donald Trump, através da OTAN, de aumentar o gasto militar a máis de 3%. O Goberno fala de 2% mais sabemos que as exixiencias de EEUU, ás que habitualmente se prega o Estado español, van máis alá”.

Néstor Rego advertiu ao Executivo da inevitabilidade de que esta escalada militar afecte as polítias sociais por moito que o neguen. “Inevitabelmente este aumento do gasto militar vai detraer recursos que podían destinarse a fortalecer a sanidade, a educación, a atención á dependencia, creación de emprego ou política de vivenda pública. Ou se aposta polas políticas sociais ou se aposta pola política belicista”.

Condena do ataque con drones ao buque Conscience

O BNG condena o ataque com drones, previsivelmente por parte de Israel, ao buque Conscience, da Flotilla da Liberdade na madrugada do passado día 2 de maio e reclama ao Goberno que o condene e exixa as responsabilidades pertinentes.

“O ataque ao Conscience foi claramente un acto de terrorismo internacional por parte de Israel que debe ser condenado con rotundidade. Sorprende que o Goberno español ainda non o fixese. Parace que as normas para Israel son diferentes que para o resto e isto é inaceptábel”.


boicot a Israel /