Redacción •  Galicia •  07/10/2022

Chamamento á unidade popular fronte o aumento dos gastos militares

Encontro galego de organizacións e individualidades anti-imperialistas contra a organización político-militar OTAN: O goberno de coalición PSOE-UP acaba de anunciar unha subida do 25 % para o gasto militar. Desta forma, os fondos asignados ao Ministerio de Defensa aumentan.

Chamamento á unidade popular fronte o aumento dos gastos militares

Comunicado Encontro Galego contra a OTAN

6.5 % con respecto ao ano pasado e, se tivésemos en conta os fondos europeos, a cifra chegaría a un 8.4 %. Desta forma, acometerase a subida salarial dos membros das Forzas Armadas. Ademais, segundo recoñeceu a propia María Jesús Montero, ministra de Hacienda, destinaranse 4 900 millóns de euros a «programas especiales de modernización», que irán a parar a grandes empresas como Navantia ou Indra. A intención destes programas é investir en tecnoloxías híbridas e en I+D+i no ámbito militar.

A maioría traballadora e empobrecida no Estado español está a sufrir as conse- cuencias dunha nova crise sistémica do capital, agudizada pola pandemia da CO- VID-19. Un dos resultados más palpábeis do fracaso do modelo de produción é a carestía da vida con respecto ao ano pasado: un aumento do 13.5 % no prezo da canasta da compra, un 23.9 % na gasolina e no gas, e un 49.4 % na electricidade segundo datos do INE. Neste contexto de miseria no pobo traballador, o goberno burgués decide armarse militar e tecnoloxicamente, por un lado, para someter os pobos do mundo para explotar os seus recursos e, por outro lado, para reprimir a maioría social do Estado español.

Esta situación, a grandes rasgos, é compartida pola maioría das potencias impe- rialistas, por iso, para salvar os intereses do gran capital, aférranse cada día máis á OTAN, a organización terrorista máis potente da historia da humanidade. A OTAN é o brazo armado do imperialismo estadounidense, que, debido á súa posición privi- lexiada na cadea imperialista, dirixe as acións políticas, económicas e militares dos Estados membros. Este é o caso do Estado español, ao cal a organización xenocida lle esixiu o aumento do 2 % do PIB para gastos militares. O goberno autodenominado

«máis progresista da historia», a coalición PSOE-UP, aceptou esta imposición sen máis discusión, alegando que estes investimentos axudan a xerar postos de traballo.

A clase obreira non pode seguir vivindo tendo que elexir entre a bolsa ou a vida, entre un posto de traballo digno e a vida dos seres humanos do mundo. Desde o En- contro Galego contra a OTAN rexeitamos o apoio económico que está a dar o Gober- no á industria armamentística e reclamamos eses cartos para os intereses da maioría social: construción de vivendas sociais, ocio alternativo non lesivo, maior e mellor cobertura na sanidade pública, mellora das infraestructuras e aumento do persoal do sistema educativo, etc. Dentro do capitalismo non hai futuro para a clase obreira.


OTAN /