Redacción •  Galicia •  29/04/2018

Esquerda Unida rexeita a sentenza xudicial aos membros de “La Manada” e denuncia que é un gravísimo precedente que expón aínda máis ás mulleres ás violencias machistas

A Área da Muller de Esquerda Unida ven de mostrar públicamente "o total e absoluto rexeitamento" á sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Navarra, na que os cinco homes da autodenominada “La Manada” foron condenados só por abusos sexuais e furto, e non por violación múltiple e roubo, coa conseguinte redución de anos de condena en beneficio dos violadores.

Esquerda Unida rexeita a sentenza xudicial aos membros de “La Manada” e denuncia que é un gravísimo precedente que expón aínda máis ás mulleres ás violencias machistas
Para Esquerda Unida «esta sentenza senta un precedente xudicial vergoñento, que disuade ás vítimas de denunciar e as obriga a poñer en risco a súa vida enfrontándose aos violadores para que os tribunais aprecien violencia, e polo tanto condenen a agresión sexual e non o abuso».
 
Para a formación «atopámonos, outra vez, ante unha clara demostración de que a xustiza é machista e patriarcal, cando as nosas leis e os órganos xudiciais son alleos á necesidade de que a perspectiva de xénero analice e dé resposta ás agresións e violacións que se dan contra os nosos dereitos e os nosos corpos. Non podemos falar de que neste país exista un Estado Democrático e de Dereito. Seguimos a vivir nun Estado machista e patriarcal, con tres poderes ancorados en estruturas e concepcións sexistas e misóxinas. Por todo isto, dende Esquerda Unida sumámonos e chamamos a participar nas diferentes concentracións convocadas en Galicia a prol de denunciar este machismo estrutural tan enraizado na sociedade».

Esquerda Unida /