Presentación en Ferrol: «25 Propostas para un Goberno de Esquerdas o 25S», por Marea do Pobo
Hoxe tivo lugar a presentación de "25 propostas para un Goberno de Esquerdas o 25-S" pola candidatura a Coruña ás primarias de A Marea do Pobo, en Ferrol.
O primeiro en intervir, Xabier Ron, encargado da elaboración programática de EU e candidato á Marea do Pobo, fixo unha presentación destas 25 propostas, que son «un proxecto político e social que serve de aval da nosa experiencia como candidatura de A Marea do Pobo para o proceso de primarias de En Marea”.
Lorena Dapena, segunda candidata de En Marea do Pobo, recordou que “estas propostas son un proxecto que sirve para sumar na definición e formulación dun programa de acción de goberno que será o que sirva de guieiro de En Marea”.
Grazas ao proceso de primarias de Marea do Pobo, candidatura encabezada por Manuel Lago, márcase unha clara diferenza cos procesos preelectorais doutros partidos, que son meras designacións de candidatos por aparatos políticos. Así, A Marea do Pobo é un espazo político importante para conquerir novos xeitos de entender a política e a participación nos procesos electorais.
Nesta candidatura contamos tamén con Manuel González, firme na súa reivindicación da res publica, a que nos beneficia a todas as persoas desde o ben común; a Nicanor Acosta, incansable na denuncia das inxustizas e na defensa dos menos favorecidos; como Suso Díaz, histórico entre os históricos ao ser un dos píares do activismo sindical desde CC.OO.; ou como María Luz Canal, que loitou sempre polo dereito do acceso a unha xustiza digna e que se significou nos dereitos das mulleres.
Persoas que teñen destacado o seu compromiso na defensa duns servizos públicos de calidade (como Lorena Dapena ou María del Mar ‘Malay’, valedoras dunha educación pública, laica e de calidade; como Alejandro Rodríguez, que pula por un servizo de emerxencias e de extinción público).
Persoas que se teñen definido na defensa desde o sindicalismo dos dereitos da clase traballadora e da necesidade de termos emprego de calidade (coma o propio Manuel Lago ou Víctor Ledo, defensor do noso sector naval público).
Persoas como Alicia Remelgado vinculada ao noso sector do mar, como Raquel Bernández, implicada na loita da igualdade entre mulleres e homes, como Loreto Taibo que, a pesar da súa mocidade, ten experiencia institucional desde o municipalismo, ou como Nerea González, que representa a esa mocidade agredida que, ante a falta de expectativas aquí, se ve na obriga de ter que emigrar, e que reivindica coa súa loita o dereito a traballar en Galicia.