Dominio Público •  Redacción •  Galicia •  15/05/2019

Amigos da Terra fai as súas propostas ambientais para o próximo 26 de maio

Coa proximidade das eleccións municipais do domingo 26 de maio, Amigos da Terra enviou a todos os partidos políticos, un documento cunha serie de propostas que consideramos prioritarias para esta próxima lexislatura. O documento estrutúrase en 7 áreas temáticas, con obxectivos e propostas para cada unha delas.

Amigos da Terra fai as súas propostas ambientais para o próximo 26 de maio
Na área de Enerxía e cambio climático, o obxectivo que marcamos é reducir a dependencia das enerxías fósiles, emisoras de gases de efecto invernadoiro; fomentar o autoconsumo enerxético e a democratización da produción de enerxía renovable.
 
O obxectivo da área de Mobilidade, sería un cambio de paradigma, reducindo e pacificando o tráfico nos núcleos urbanos, tomando medidas para mellorar a calidade do aire e dando prioridade a peón, bicicleta e transporte público.
 
En materia de Residuos, o obxectivo principal sería a redución dos residuos xerados e da súa incineración, aproveitando ao máximo a fracción orgánica, fomentar alternativas ao plástico e envases dun só uso.
 
En canto a Agricultura e alimentación, desde Amigos da Terra marcamos o obxectivo de incrementar a produción e consumo de alimentos locais, fomentando as canles curtas de distribución, o papel dos agricultores e a agricultura sustentable.
 
O obxectivo da área de Biodiversidade é ampliar en extensión e número os espazos naturais protexidos, así como mellorar a xestión dos existentes.
 
Na área de Auga, Amigos da Terra insta os partidos políticos a tomar medidas para o fomento da redución do consumo e evitar a contaminación por augas residuais, mellorando os sistemas de depuración.
 
Finalmente, Amigos da Terra protón que os concellos conten con órganos de participación social mediante a creación dos Consellos Municipais de Medio ambiente.
 

Amigos da Terra /