Redacción •  Galicia •  14/04/2020

Esquerda Unida esixe responsabilidades políticas á Xunta de Galicia pola nefasta xestión da crise do coronavirus nas residencias de maiores logo do positivo na residencia de tempo libre da Patos

O pasado 5 de Abril a Xunta de Galicia decidiu trasladar á Residencia de Tempo Libre de Patos (Nigrán) a unha vintena maiores a priori sans, procedentes das residencias de DomusVI en Barreiro (Vigo) e Aldán (Cangas) ao tempo que concentraba a aquelas persoas que tiñan dado positivo nestes centros.

Esquerda Unida esixe responsabilidades políticas á Xunta de Galicia pola nefasta xestión da crise do coronavirus nas residencias de maiores logo do positivo na residencia de tempo libre da Patos

O positivo por coronavirus dun residente no centro de Patos coñecido hoxe, evidencia a imprudencia de mover repetidamente ás persoas maiores sen seguridade de que o traslado fose frear a expansión do virus.

En troques de extremar as medidas de illamento de todas as persoas maiores e dependentes que viven nas residencias, intervindo as residencias privadas e dotando de medios humanos e materiais suficientes, a Xunta de Galicia embarcouse nunha campaña publicitaria que non serviu para protexer a saúde das persoas máis vulnerables nin a das traballadoras.

Desde o inicio da crise sanitaria a Consellería de Políticas Sociais foi incapaz de xestionar a situación, non atendendo nin tan sequera a situacións dos centros públicos dependentes da administración autonómica, polo que ante a gravidade da situación, Esquerda Unida demanda explicacións públicas e asunción de responsabilidades por parte da Xunta de Galicia.


COVID-19 /  Esquerda Unida /  residencias /