Pilar Aymara •  Redacción •  Galicia •  08/07/2016

AGE celebra que a xustiza norueguesa acepte a demanda dos mariñeiros galegos malia os atrancos dos gobernos

O deputado Juan Fajardo esixe que o Goberno do Estao negocie con Noruega “para evitar a dilación do proceso” e que os traballadores vexan recoñecidos os seus dereitos.

AGE celebra que a xustiza norueguesa acepte a demanda dos mariñeiros galegos malia os atrancos dos gobernos
Alternativa Galega de Esquerda celebra que os tribunais de xustiza de Noruega veñan de aceptar a demanda dos mariñeiros galegos xubilados, agrupados na asociación Long Hope, que reclaman do Estado noruegués o recoñecemento dos anos que alí traballaron. “Malia os atrancos do Goberno noruegués e á falta de apoio da Xunta de Feijóo», afirma o deputado Juan Fajarado, “a loita dos compañeiros conseguiu a primeira vitoria nunha longa guerra polos seus dereitos”. O Goberno galego nin sequera axudou á fianza que Long Hope debeu depositar no tribunal galego.
 
“Este feito supón a ratificación dos nosos argumentos”, esténdese Fajardo, “había motivos abondo para demandar ao Executivo de Noruega”. A apertura da vía xudicial abre ademais a porta a presentar a demanda no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. “De non se gañar o proceso en Noruega, os mariñeiros do nos país teñen máis oportunidades en Europa”, considera Fajardo, quen esixe do Goberno do Estado español que negocie directamente con Noruega “para evitar dilacións de anos no proceso xudicial”.

AGE /  Alternativa Galega de Esquerda /  Noruega /