Redacción •  Galicia •  14/07/2025

Esquerda Unida denuncia o boicot do Goberno da Xunta de Galicia ante a aplicación do Real Decreto 2/2025 para unha acollida solidaria de nenos, nenas e adolescentes migrantes entre as CCAA do noso país en apoio a Canarias e Ceuta

  • Lino Costas: “A Xunta de Galicia, en troques de prepararse e abrir novos recursos de acollida, tanto para os nenos e nenas que actualmente o precisan como para recibir aos menores migrantes, adica os seus esfozos a interpor un recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto”.
Esquerda Unida denuncia o boicot do Goberno da Xunta de Galicia ante a aplicación do Real Decreto 2/2025 para unha acollida solidaria de nenos, nenas e adolescentes migrantes entre as CCAA do noso país en apoio a Canarias e Ceuta

O vindeiro 17 de xullo celebrarse una nova Conferencia Sectorial para abordar as cuestións relativas á acollida solidaria de nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados que actualmente están en Ceuta, Melilla e Canarias en condicións de saturación e amoreamento.

Ante isto, Esquerda Unida, que xa ven denunciando esta situación dende hai tempo, considera que a Xunta debe “quitarse xa a venda nos ollos”, abandonando o inmovilismo e a parálise ante a problemática para afrontar de xeito inmediato as necesidades destes nenos, nenas e adolescentes migrantes. “O Goberno da Xunta está sumido no pensamento máxico de que a acción de levar a cabo o recurso xudicial paralizará a necesaria acollida solidaria destas crianzas” incide Lino Costas, Coordinador Nacional de Esquerda Unida.

A realidade actual é que “as condicións nos centros de acollida existentes son de sobreocupación, e a Xunta xa tiña que ter actuado na apertura de novos centros de acollida”. Agora xa é unha cuestión perentoria; “urxe abrir novos centros de acollida, casas de familia; urxe procurar, formar e seleccionar familias acolledoras e dotar dos necesarios recursos como contratar persoal formado, coordinar recursos sociais, educativos, e de mediación cultural” explica Lino Costas.

Esquerda Unida cualifica de “inmovilista” a actitude que está amosando o Goberno da Xunta . “No único que gastan tempo e recursos é en interpor un recurso contra o Real Decreto para a acollida solidaria de nenos, nenas e adolescentes – sinala o Coordinador Nacional de EU -. Mentres tanto, seguimos sen prazas nos centros de acollida existentes para os nenos e nenas que agora xa o precisan en Galicia, sen contar coas crianzas que van chegar”.

Non hai motivos para non acoller que non sexan racistas. A negativa para acoller e os recursos xudiciais anunciados por parte de CCAA do PP, está estreitamente vinculada a que moitas desas CCAA seguen nas mans de VOX e amosa esa necesidade de situarse na narrativa racista e xenófoba da extrema dereita” conclúe Lino Costas, Coordinador Nacional de Esquerda Unida.


Esquerda Unida /