André Abeledo Fernández •  Opinión •  23/09/2021

Orgulloso de ser delegado de personal da CIG en Mercadona.

A chegada da CIG a Mercadona ten unha importancia que vai moito máis alá da conquista casi histórica dun grupo de traballadoras e traballadores que venceron o medo e superaron os atrancos no camiño que atentan contra o dereito fundamental de afiliación sindical.
A CIG ven denunciando e combatendo a política de “medo e represión” en Mercadona dende sempre.
A CIG mobilízase cando é preciso en resposta á actitude de non respecto á propia humanidade dos traballadores e das traballadoras. Non pode ser que o persoal de Mercadona veña traballar con medo e que se lle falte ao respecto cando está no seu posto. O que pedimos, aínda que pareza mentira en pleno século XXI, é dignidade».
A CIG ven denunciando que “fronte á imaxe que Mercadona quere vender publicamente de ser unha empresa modelo, a realidade laboral é ben distinta”, e instamos a continuar coas mobilizacións cando sexa preciso, ou acudir aos xulgados e Inspección de Traballo para poñer freo ás circunstancias denunciadas.
Dende a sección sindical da CIG animamos, “as compañeiras e compañeiros de Mercadona” a “non quedar caladas e reaxir ante os abusos laborais xa que é a través da mobilización como se conseguen os avances”.
O triunfo incontestable da candidatura encabezada por María López Alejos, a traballadora de Mercadona que denunciou a actitude antisindical da empresa no programa de «Salvados», de La Sexta, unha candidatura de traballadoras e traballadores valentes que venceu con contundencia nas eleccións sindicais celebadas en Mercadona fai xa tres anos.
Naquel día declarei que o triunfo da CIG Mercadona na provincia de A Coruña era o triunfo dos traballadores e traballadoras de Mercadona, e así foi.
Temos unha maioría absoluta da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña que pode considerarse histórica, e que nos permitiu defender con máis forza os dereitos, os intereses, e a dignidade das traballadoras e traballadores de Mercadona.
11 delegados provinciales da CIG polos 9 dos sindicatos de empresa (UXTCCOO).
Somos traballadoras e traballadores organizados na Sección Sindical da CIG en Mercadona, con conciencia de clase, e con a determinación de defender os nosos dereitos, e os dereitos das nosas compañeiras e compañeiros.
André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /