André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/03/2023

Pode ser legal e ser profundamente inmoral

Cando alguén que ten unha situación económica privilexiada, folgada, sin problemas para chegar a final de mes, solicita unha axuda ao Estado destinada nun principio a paliar a situación de vulnerabilidade de aquelas persoas que están nunha situación económica difícil, pode ser algo legal, pero é algo inmoral, mezquino e vergoñento. 

Cando o legal é inmoral, cando a falta de vergoña é xeral, pasan cousas que abochornan a todos e causan desapego coa política e moita frustración.

A min dariame vergoña facer algo así, solicitar algo que non preciso, ser consciente da miña situación privilexiada e tentar aproveitarme das axudas do Estado.

Pero para sentir vergoña hai que tela, e vese que ten xente que non coñece a ética, a moral, a decencia. 

Son persoas que non sinten empatía cos que realmente sofren e solo pensan en sí mismos. 

Con este panorama as axudas deben darse ben, con requisitos claros, pero tamén dando facilidades, porque en ocasións solicitar estas axudas é demasiado complicado, e desgraciadamente non chegan as persoas que máis as precisan. 


Opinión / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com