André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/03/2023

Cando SUMAR é RESTAR

Nin se derogou a reforma laboral, nin a lei mordaza, nin temos unha lei de vivenda, e xa nin falemos de crear unha verdadeira banca pública, ou poñer límites ao expolio das multinacionais eléctricas, dos bancos, das distribuidoras de alimentación, etc…e este é o Goberno máis progresista da historia?.

Non se derogou a reforma laboral, solo se maquillou coa complicidade de CCOOUXT, e agora tampouco se deroga a lei mordaza.

Aos que lles preocupa que Yolanda Díaz poida ser comunista, mandarlles un mensaxe de tranquilidade, Yolanda es yolandista.

SUMAR forma parte da estratexia de disolución da esquerda no Estado español, de matar a protesta e de potenciar proxectos que como SUMAR poidan confundir a clase traballadora e coa axuda de CCOOUXT manter as rúas «tranquila» e aos traballadores desorganizados e aborregados en máns dos seus explotadores.


Opinión /