André Abeledo Fernández •  Opinión •  06/03/2022

Armas para a Ucraína

Armas para que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel, para que a guerra desgaste a Rusia e para conquerir que morran en combate, nesta guerra, cantos máis soldados rusos mellor. Ese obxetivo so pode conquerirse a base de ucraínos mortos, moitos máis que soldados rusos.
Armas para que resistan, pero non para que gañen a guerra, porque todos sabemos que a Ucraína non poida gañar a guerra.
Armas para que se maten eles, porque é seguro que nin Europa, nin a OTAN van a enviar tropas a unha guerra que non se pode gañar.
Armas para facer o conflicto o máis longo e costoso posíbel para Rusia e non digamos xa para a Ucraína que pagará un prezo moito máis alto e morte e destrucción das súas infraestructuras.
Armas para a Ucraína por ser un pobo invadido, que o é, pero esas armas non se lle dan ao pobo palestino, un pobo que non ten nin sequera un exército e que é agredido e bombardeado a diario por Israel, nin ao pobo saharaui, que ten o seu su territorio ocupado por Marrocos, nin ao pobo iemeni, porque no  Iemen as armas se lle venden ao agresor e xenocida, Arabia Saudí.

Opinión /