André Abeledo Fernández •  Opinión •  05/07/2021

A esquerda na Galiza

Na Galiza a única posición de esquerdas e con un obxectivo claro esta no campo nacionalista.
A única defensa dos intereses das galegas e galegos enmarcada nun proxecto de país para a Galiza vén dende o nacionalismo.
A realidade galega non é a de Catalunya ou Euskadi e tampouco a do Estado español.
O nacionalismo na Galiza é históricamente de esquerdas, e por desgracia a esquerda do Estado español nunca contou, nin conta con Galiza, nin a trata en pé igualdade, nin a respeta como as outras nacións do Estado, nin fai o menor esforzo por entendela.
Cos anos e cos danos dinme conta da necesidade de manter certa distancia e de tentar ter unha visión o máis global posible fuxindo de ver cos ollos do sectarismo ou do curto prazo.
Cando un se alonxa da política organizada ou de partidos, ten a oportunidade de abrir o seu campo de visión, de asumir erros, e tamén de facer unha lectura ao meu entender máis xusta e sosegada.
Galiza é sen dúbida unha nación, non entendo como aínda se pode negar esa realidade, cumprimos con creces tódolos requisitos, temos unha lingua, unha cultura, e unha historia propias.
Entendo que a dereita e a ultradereita defendan a unidade nacional da «una, grande y libre», herdanza do franquismo, como bandeira e ferramenta para que nadie cambie na xerarquía oligarquica do poder de Estado.
Pero me resulta incomprensible que unha parte da esquerda Estatal negue a realidade plurinacional do Estado español.
O recoñecemento do dereito de autodeterminación é sen dúbida esencial para que os Estados non se convertan en cárceres de pobos.
Galiza é sen dúbida unha nación, non entendo como aínda se pode negar esa realidade, cumprimos con creces tódolos requisitos, temos unha lingua, unha cultura, e unha historia propias.
O mesmo pasa con Catalunya ou Euskadi, é tanxible o feito diferencial, algo que non debería ser visto como unha ameaza, tan só é unha realidade.
Non existe un problema catalán, nin galego, nin vasco, existe en todo caso unha “realidade” ou “singularidade” a que temos que dar resposta política.
O continuo ataque do Estado español a nación galega ten o seu máis claro expoñente no maltrato o noso idioma, no intento de rebaixar a súa categoría a un segundo idioma, e dende unha parte da dereita máis rancia pretender que o idioma galego é un dialecto.
O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.
O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.
O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.
Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo casposo herdado do franquismo.
O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.
O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.
Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.
É importante ter sempre presente como ben dixo Castelao que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.
Negando realidades nunca se atoparon solucións.

Opinión /