André Abeledo Fernández •  Opinión •  04/02/2022

É para analizar detenidamente a posición española no conflicto da Ucraína

Estados Unidos anunciou este mércores o despliegue «nos próximos días» de 3.000 soldados en Rumanía, Polonia e Alemaña para reforzar as defensas dos seus aliados ante un posible ataque ruso contra a Ucraína, que xa non considera «inminente». Por orden do presidente estadounidense, Joe Biden, uns 1.000 militares serán enviados a Rumanía, e 2.000 a Polonia e Alemaña.
¿EEUU quere provocar o conflicto?. Realmente parece interesarlle, ¿será para vender armas, para vender gas, para de unha xogada desestabilizar a Rusia e a la UE?.
Porque en todo esto EEUU parece o único beneficiario nun conflicto bélico lonxe das súas fronteiras.
Somos un dos países de EUROPA menos dependentes de Rusia en canto enerxía se refire, dependemos do gas ruso so nun 10% mentres que países  como Alemaña ou Italia o fan ao 50% e outros como República Checa nun 100%. Se cadra eso fai que o Goberno español sexa máis receptivo as presións dos EEUU.
Tamén pode influir o conflicto latente entre España e Marrocos, posto que a pesar de non estar na OTAN os EEUU teñen históricamente apostado sempre por Marrocos, os teñen armado, e recoñecido unilateralmenre a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, facendo caso omiso as resolucións internacionais, e non o digamos xa a posición sobre o Sáhara do seu suposto aliado na OTAN, o Estado español.
Os medios de comunicación no Estado español tamén están participando a hora de poñer a opinión pública a favor de Ucrania e a OTAN e vender a Rusia como o agresor, nun exercicio de manipulación burdo  pero efectivo, repetindo mentiras para convertilas en verdade a forza de insistir e ofrecendo un espectáculo ao estilo Hollywood, onde os Ianquis son os bos e os rusos os malos.
En ocasións chegando a espectáculos denigrantes e que causan vergoña allea, como na encerrona que lle fixeron ao periodista e analista ruso Victor Ternovsky no programa supostamente de información, TODO ES MENTIRA, que é máis ben un programa de variedades que fai honor ao seu nome e donde a manipulación e a mala educación son señas de identidade do seu presentador.
Dito programa e o seu xemelgo TODO ES VERDAD, que é máis do mesmo teñen participado activamente no exercicio de manipulación, o teñen feito sen pudor, opinando e sobre todo manipulando e retorcendo a realidade.
A verdade como cidadán sinto profundamente esa vergoña allena.

Opinión /