André Abeledo Fernández •  Opinión •  02/11/2021

¿Pacto social?

Pacto social nos din, unha vez máis a socialdemocracia mantendo a súa «equidistancia» coa clase traballadora, pretendendo ser árbitros nunha negociación entre desiguais, porque os traballadores somos a parte débil e tamén a maioritaria en tódolos sentidos.
Outra vez a socialdemocracia traizoando aos seus votantes para non enfadar a patronal, aos oligarcas, e aos poderes económicos.
Nos prometeron derogar a reforma laboral do PP, unha reforma laboral feita a medida da patronal e sen pacto social, porque cando a dereita goberna defende os intereses dos seus e pasase o diálogo social polo forro para impoñerse e facer retroceder, tódolo que lle deixemos, os dereitos que a clase traballadora gañou a base de loita, de sangue, de suor, e de bágoas.
Pero agora que supostamente goberna a esquerda resulta que hai que negociar, hai que pactar, para recobrar unha pequena parte dos dereitos que nos teñen arrebatado.
Porqué agora nos din que de derogar a reforma laboral nada, agora trátase de reformar e de actualizar unha reforma laboral que foi un ataque frontal e total la liña de flotación da clase traballadora.
A esquerda que non toma partido pola clase traballadora non é esquerda, a esquerda que non defende os intereses da clase traballadora non é esquerda. A esquerda que pretende ser árbitro e non parte no mal chamado pacto social, non é esquerda.
Como dixo o Che «a moderación e as medias tintas son a antesala da traizón».
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /