Redacción •  Galicia •  21/08/2021

Denuncian a falta de responsabilidade ambiental de Naturgy no encoro de Salas

Ecoloxistas en Acción alerta de que a falta de caudal mímnimo augas abaixo do encoro de Salas está poñendo en risco a flora e fauna que habita no río Salas.

Denuncian a falta de responsabilidade ambiental de Naturgy no encoro de Salas

Por este motivo, a organización ecoloxista solicitou a Confederación Hidrogáfica do Miño Sil os datos das estacións de aforo do encoro de Salas para comprobar se ademais de irresponsabilidade ambiental hai unha xestión ilegal por parte da empresa concesionaria Naturgy

Ecoloxistas en Acción resalta que estes datos permitirán corroborar cal é o nivel de caudal ecolóxico que hai augas abaixo do encoro, e comprobar así se a grave situación de seca do río é consecuencia dunha mala xestión das augas embalsadas que incimplindo a lei busca abultar a conta de beneficios da empresa a costa da biodiversidade que habita no río e as súas riberas.

«Aínda que se estivera a cumprir o caudal ecolóxico apelamos ás palabras do presidente da Confederación HMS que cuestionaba o que están facendo as hidroeléctricas respecto a súa responsabilidade ambiental e social» sinala Montse Valencia, asesora xurídica ambientalista e voceira de Ecoloxistas en Acción Ourense.

Compre lembrar que o Plan Hidrolóxico Miño-Sil está en exposición pública ata decembro e que tendo en conta a evidencte falta de responsanilidade ambiental das concesionariasos, Ecoloxistas en Acción solicitará que se revise e se adecúe o contido do plan respecto a un mellor cálculo e vixilancia dos caudais ecolóxicos. Contémplase a necesidade da revisión mensual dos caudais, e non trimestral, para garantir a vida piscícola que de xeito natural habitaría o río, así como a súa vexetación de ribeira, tal e como contempla a norma.

A organización ecoloxista sinala que o encoro de Salas, entre xullo e setembro, debe garantir un caudal dun 0,26m3. Aínda que con data 10 de agosto o encoro mantiña un nivel dun 35%, ndependemente da auga encorada, o caudal ecolóxico debe manterse e, senon, o organismo de conca debe actuar e sancionar.


CHMS /  Confederación Hidrográfica Miño-Sil /  Ecoloxistas en Acción /  Naturgy /