Redacción •  Galicia •  20/05/2022

Esquerda Unida rexeita a volta do Rey Emérito Juan Carlos I e cualifica a súa estancia en Galicia como un insulto á cidadanía

Esquerda Unida non pode senón mostrar a súa perplexidade o regreso no día de onte a Galicia do Rey Emérito a Sanxenxo despois dunha huída da xustiza e da opinión pública que se alongou durante 655 días para participar nunha regata en Sanxenxo.

Esquerda Unida rexeita a volta do Rey Emérito Juan Carlos I e cualifica a súa estancia en Galicia como un insulto á cidadanía

Esquerda Unida, considera que a volta a España do monarca, debería ser exclusivamente para responder ante a xustiza polos seus delitos, dos que xa houbo probas evidentes de que foron cometidos e non para participar en actividades lúdicas. Unha volta na forma que se deu non é máis que un insulto á cidadanía e unha reafirmación nos privilexios da monarquía. 

Doutra banda, desde a organización de esquerdas, só se pode lamentar o comportamento vasallo e sumiso do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Cualificar de “ magnifica noticia” a estancia dun delincuente probado en terras galegas é canto menos sorprendente e decepcionante. 

Para finalizar. Esquerda Unida participará e apoiará todas as convocatorias que se realicen nos próximos días contra a estancia do monarca na nosa terra. E espera que a próxima vez que o Rey volva ao Estado español, sexa para ser xulgado polos seus delitos. 


Juan Carlos de Borbón /