Redacción •  Galicia •  15/09/2024

BNG celebrará a XVIII Asemblea Nacional o 1 de decembro en Santiago de Compostela no mellor momento da súa historia

  • Pontón destaca no Consello Nacional que se trata da “gran cita coa militancia para darlle máis potencia ao proxecto do BNG con gran reto de gobernar Galiza”.

BNG celebrará a XVIII Asemblea Nacional o 1 de decembro en Santiago de Compostela no mellor momento da súa historia

OConsello Nacional doBNGaproboucelebrara XVIII Asemblea Nacional o 1 de decembro na capital do Paísparaavanzarnunhaliñapolítica decidida colectivamente en 2016, que lle permitiu situarse no mellor momento da súa historia tras multiplicar por catro o apoio social e electoral, -sen renunciar a ningún dos principios do nacionalismo-, converténdose na alternativa real ao PP.

“Pasamos en oito anos de estar ao borde da desaparicióna seraalternativa real ao PP”,recalcou a portavoz nacional, Ana Pontón, na súa intervención, “porque o BNG é moito máis que unha organización política, somos a expresión da existencia da nación galegaea esperanza de toda a cidadanía que quere facer realidadea mellor Galiza”,proclamou,destacando que a asemblea é “a gran cita coa militancia paradarlle máis potencia aoproxecto do BNG para conquistar o gobernodeste País”.

Unha asemblea que se encara co reto deafianzar afolla de rutaquepermitiu o avance doBloquechegando aamplos sectores da sociedade;reforzar a organización,- “porque sen organización non hai cambio real posible”-, e actualizar a análisedomomentoactual, “porque a Galiza de hoxe non é a de 2016 e nin sequeraa da hai tres anos cando celebrarmos a última asemblea”, alegou a líder nacionalista.

“Toca volver facer unha reflexión colectiva damilitancia,indicou,analizarediagnosticar con acerto a situación do País”; actualizar o necesario unha liña política que debe seguir atenta ás aspiracións e preocupacións da sociedade galega,convencida de que esa “conexión” coa cidadanía é clave para seguir avanzando en apoio social e electoral,para lograr ser a forza hexemónica egobernar Galiza.

“Por iso non imos recrearnosno logrado,senón quecon humildade, traballo e compromiso imos seguir avanzando con paso firme e coa man tendida para acoller a cada vez máis cidadanía até ser a forza hexemónica capaz de darlle a Galiza o futuro que merece”,explicou.

Para iso, o BNG vai multiplicar a súa acción políticaen todos os ámbitos utilizando a forza quellederon as urnas,arrancando o curso político“pisando o acelerador” con toda a enerxía, ambiciónecunha prioridade clara: a defensa de Galiza.

Aese “pisar o acelerador” na defensa do País obedece a comisión parlamentaria de investigación, posible grazasá representación dos 25 escanosnacionalistas,para investigar a xestión dos cartos públicos e a contratación con empresas vinculadas a altos cargos do Partido Popular.

“Imos até as últimas consecuencias” subliñou Pontón, cun programa de traballo e de comparecencias exhaustivo e rigoroso, entre as que estarán Rueda e Feijóo. “Alguén se imaxina que o presidente e o ex presidente de Galiza poidan negarse a comparecer no Parlamento de Galiza, do País que presidiron e que presiden? Sería non só unha declaración de culpabilidade senón tamén un desprezo absoluto aos galegos e ás galegas representadas”, argumentou.

Na súa intervención, destacou o acelerado traballo do BNGco arranquedo curso político, “porque hai moito en xogo e nin un minuto que perder”. Entre as urxencias está “contrarrestar a deslealdade política” do presidente da Xunta, “que pon os intereses do PP,das empresas amigas e das multinacionais por diante de Galiza”.

Deslealdade de Rueda

“Temos que contrarrestar esa deslealdade reforzando o noso traballo político tanto na rúa como nas institucións,non basta con fiscalizar e criticar, hai que dar solucións actuando como o que somos: un goberno alternativo que, a cada crítica, aporta unhaideapara mellorar a vida dos galegos e das galegas”,explicou.

Pontón repasou algunhas das prioridades: parar a bomba ambiental de ALTRI fronte a un Rueda empeñado en facer de “comercial” da multinacional; o financiamento autonómico, defendendo un modelo que lle permita a Galiza ter a chave dos seus cartos fronte a un xefe do Executivodisposto a que este País perda centos de millóns de euros por intereses partidistas.

Igualmente, frear o taxazo de SOGAMA, co que o PP quere seguir cargando nos concellos e na veciñanza un modelo de xestión do lixo contaminante, obsoleto e caro; defender unha AP-9 galega e libre de peaxes aproveitando a porta que abre Bruxelas considerando ilegal a ampliación da concesión aprobada por Aznar. Axudar as familias no inicio do curso escolar e defender o acceso á vivenda, tamén entres as prioridades políticas do BNG.

“Son moitas as urxencias que afectan de cheo á vida da xente e por iso empezamos o curso político pisando o acelerador, sen dar tregua nin pausa, porque os galegos e as galegas non se poden permitir esperar”, concluíu, destacando que hoxe o BNG é a “esperanza” dunha maioría que non deixa de medrar e soña cunha Galiza mellor. “Estou convencida que unha vez máis, entre todos e todas, con unidade, intelixencia e poñendo a Galiza por diante, imos estar á altura dos retos que temos que enfrontar”.


política /