Redacción •  Galicia •  13/07/2026

O colapso da auga en Touro destapa o impacto da seca mentres se promove a reapertura da mina

  • O Concello de Touro vese obrigado a asinar un convenio de urxencia con Boqueixón para mercar auga potable a 0,4013 €/m³ e frear o sangrado económico que supoñía o transporte de camións desde o 14 de xuño.
  • A veciñanza cualifica de «temeridade» impulsar un proxecto minero de alto consumo de auga nuns municipios onde existen problemas de restriccións de auga das traídas municipais máís dunha cuarta parte do ano e que pretende anular máis de 40 captacións de auga privada.
O colapso da auga en Touro destapa o impacto da seca mentres se promove a reapertura da mina

TOURO, 12 de xullo de 2026– A crise do auga no rural galego xa non é unha ameaza de futuro, é unha realidade con cifras alarmantes. As plataformas contra la mina de Touro denunciaron hoxe a situación de «extrema vulnerabilidade» hídrica que sofre o municipio, agravada polos efectos do cambio climático e as graves deficiencias na rede municipal. No medio deste escenario de desabastecemento estrutural, os colectivos sociais cualifican de «despropósito histórico» e “atentado ambiental” as recentes declaracións no Parlamento do director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta, Pablo Fernández Vila, quen gabou publicamente o novo proxecto de Cobre San Rafael. Para a veciñanza, esta postura supón pór o interese de outorgar a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) por diante da supervivencia e o acceso á auga potable da poboación.

A gravidade da situación económica e ambiental quedou ao descuberto tras a sinatura do convenio de colaboración urxente entre o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o de Touro, Jesús José Reboredo. Segundo os datos oficiais, Touro gastou máis de 4.000 euros diarios en camións cisterna desde o pasado 14 de xuño para encher os seus depósitos e facer fronte ao incremento de consumo e ás vagas de calor. Este custo estratosférico e insostible derivaba da necesidade de transportar auga en cisternas de xeito continuo para parchear a falta de caudal.

Estudio realizado por TYSGAL en 2024 para Concello de TOuro donde analiza todas las captaciones da agua actuales, públicas y privadas que destriuiria la mina en su huella

As cifras do acordo Boqueixón-Touro

Para garantir que máis de 600 veciños non queden sen subministro nas súas casas, o Concello de Touro pagará un prezo de 0,4013 euros por metro cúbico (+IVE), durante un ano. O que non parece que evite que se teña que seguir mercando cisternas de auga para abasterer outras zonas do concello. Estas cifras dánnos unha idea do valor da auga e que é un ben en alza, imprescindible e necesario que non se pode desperdiciar nin infravalorar.

A ameaza da mina de cobre: «Sin auga non hai futuro»

Os colectivos afean as recentes declaracións do Director Xeral da Consellería de Industria en favor do proxecto mineiro a pesar de recoñecer que afecta a unha superficie superior que o proxecto que fora denegado, un proxecto nos que a empresa mineira foi “parcheando” e adaptando a redacción seguindo indicacións para facelo creible, a pesar das eivas insalvables que non se poderán eliminar..

«Que neste mesmo momento os políticos falen de abrir unha mina de cobre que vai requirir inxentes cantidades de auga, que ameaza con contaminar coas súas verteduras as fontes que nos quedan e risco para o sistema fluvial Ulla-Deza, é unha auténtica provocación aos veciños que hoxe sofren restricións e á poboación desta comarca e de toda a beira do río Ulla».

A reactivación da explotación de cobre a ceo aberto non só require inxentes volumes de auga para o circuíto de molienda, senón que, tal e como denuncian as plataformas veciñais, o avance do propio proxecto extractivo, os regos das pistas e os movementos de terras previstos eliminarán fisicamente numerosas captacións de auga locais e mananciais naturais, que abastecen a vivendas e explotacións.

Imagen de mina antigua al fondo, desde Lavacolla, con el pueblo de Amenal por donde discurre el Camiino Francés procedente de Pedrouzo que está más cerca de la mina

Os colectivos advirten de que sacrificar estas captacións limpas para chantar unha balsa de estériles de 81 metros de altura a poucos metros dos núcleos habitados ós que lles quitan a auga, ademaís de dez cortas mineiras nas máis de 700 hectáreas que queren ocupar, no medio das aldeas e ao pé do Camió Francés, nalgúns casos de máis de 200 metros de profundidade, escombreiras ao pé de ríos que desvían ou eliminan, é unha condena a longo prazo para o territorio.

O temor veciñal, neste senso, radica en que o proxecto de reactivación da mina de Touro require, máis de 6 millóns de litros diarios de auga para os procesos de molienda e flotación do mineral, sin contar a de consumo humano que non cuantifican e que pretenden que sea procedente da traída municipal. Nunha comarca onde os acuíferos subterráneos xa se atopan baixo mínimos históricos e o río Ulla sofre estrés hídrico sin precedentes, desviar ou contaminar os recursos limpos restantes suporía o golpe de gracia definitivo para esta comarca.

Os colectivos contra a mina e a veciñanza lembran que o historial da explotación xa conta con arroios fortemente contaminados por metaies pesados procedentes da actividade pasada que limitou e eliminou recursos cos que se contaba e manteñen a súa esixencia e denuncia sobre os continuos episodios de vertidos que son motivo de apertura de expedientes sancionadores por Augas de Galicia, catalogados como leves a pesar de la reiteración. “Se a mina non tivera aberto daquela sería Touro quen estaría vendendo auga ós outros concellos” din os máis maiores.

Os afectados esixen que a prioridade absoluta da Xunta de Galicia e dos Concellos sexa o investimento na modernización hídrica e a protección dos acuíferos para os pobos, rexeitando de plano calquera proxecto extractivo que poña en perigo o elemento máis básico para a vida e a economía do rural: o auga potable.


minas / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com