Redacción •  Galicia •  12/10/2026

A plataforma Mina Touro O Pino NON rexeita frontalmente a inclusión da mina de Cobre San Rafael na lista de «proxectos estratéxicos» da Comisión Europea

· O colectivo lamenta que Galicia sexa o branco do extractivismo salvaxe en lugar de liderar a reciclaxe e a recuperación de minerais en canteiras abandonadas.

· Denuncian que dos 46 proxectos aprobados por Europa, repartidos por un total e 16 países, en 8 apostan pola extracción pura e dura, sendo o de Touro-O Pino o seleccionado en territorio galego.

A plataforma Mina Touro O Pino NON rexeita frontalmente a inclusión da mina de Cobre San Rafael na lista de «proxectos estratéxicos» da Comisión Europea

 A asociación contra a mina de Touro manifesta a súa máis firme e absoluta oposición ante a decisión da Comisión Europea de incluír o proxecto de reapertura e expansión da mina de cobre de Touro-O Pino na súa segunda lista de “proxectos estratéxicos” baixo o Regulamento de Materias Primas Fundamentais. O colectivo considera intolerable que as institucións europeas amparen un plan promovido por Cobre San Rafael —filial da multinacional  Atalaia Mining— que ameaza de xeito directo a integridade ecolóxica do territorio limítrofe con Santiago de Compostela e ao que a poboación e numerosos colectivos se veñen opoñendo e presentando informes técnicos en contra nos últimos nove anos.

Dende a asociación lamentan profundamente a deriva da Comisión Europea, criticando que dos 46 proxectos aprobados a nivel comunitario en 16 Estados miembros, delesocho céntranse  la extracción, 11 na transformación e 19 no reciclado, 3 que combinan extracción e transformación, e 5 combinan transformación e reciclado.

Para Touro óptase por darlle a categoría de PIE a un proxecto exclusivamente extractivo.

O colectivo que se nega a ter unha mina de veciña, sinala como un feito grave que o proxecto de Touro-O Pino sexa seleccionado precisamente nesta categoría extractivista, convertendo esta zona nunha terra de sacrificio para beneficio de multinacionais estranxeiras.

A asociación ambiental denuncia que “a prioridade de Europa debería ser radicalmente oposta. As directrices comunitarias terían que centrarse na recuperación de minerais procedentes de canteiras abandonadas para asegurar a súa restauración, así como en impulsar decididamente a reciclaxe de minerais xa introducidos na economía” manifesta Jesús Castro, voceiro da plataforma.

O colectivo cualifica de «incomprensible e indignante» que a Comisión Europea sinale a Galicia para abrir unha macroexplotación a ceo aberto,  mentres non existe no territorio galego nin un só centro destas características destinado á reciclaxe e á economía circular de materias primas, que sí sería sostible a longo prazo, no lugar de aceptar propostas coma o proxecto Cobre San Rafael, que acaparan terreos agrarios e forestais acudindo a procesos de expropiación forzosa, xeran inxentes cantidades de residuos tóxicos que quedarán a perpetuidade nestas terras, e eliminan inxentes cantidades de auga que abastecen á poboación actualmente.

«Esta decisión demostra que se prefire a destrución do medio e as actividades contaminantes antes que investir en alternativas sostibles e de futuro coma a recuperación e a reciclaxe», afirma Jesús Castro. «En lugar de axudarnos a restaurar o noso pasado mineiro e a reciclar, bríndaselle unha alfombra vermella a Atalaia Mining para acelerar permisos que xa foron rexeitados social e ambientalmente».

Por todo isto, o colectivo avisa de que utilizará todas as vías legais e sociais para frear esta expansión e esixe un xiro total cara a un modelo que protexa a biodiversidade e o benestar da poboación local.


minas /