Redacción •  Galicia •  12/03/2022

O BNG presenta sendas iniciativas na Deputación e no Parlamento para retomar a ampliación da AG-31

  • As nacionalistas instar ao goberno do Estado a que dispoña fondos europeos “Next Generation” para as obras desta infraestrutura.
O BNG presenta sendas iniciativas na Deputación e no Parlamento para retomar a ampliación da AG-31

O deputado nacionalista Iago Tabarés vén de rexistran no Parlamento galego unha iniciativa sobre a continuidade da AG-31 até a fronteira da Madalena (Lobios). O BNG solicita da Cámara que esixa á Xunta de Galiza «á realización, sen detrimento dos valores medioambientais e naturais da zona, das actuacións precisas para dar continuidade á autovía de Celanova até A Madalena”.

Na Deputación Provincial, o deputado do BNG, Bernardo Varela, presentou esta semana a proposta para retomar o proxecto de ampliación que «garanta a inclusión de variantes de entrada e saída da autovía nas localidades de Verea e Bande, para que a autovía non atravese ningún núcleo de poboación destes concellos».

A vontade do BNG de Verea quedou tamén expresada recentemente no pleno do Concello de Verea, que aprobou, por unanimidade, unha moción na que se reclama á Xunta de Galiza que dea continuidade á autovía.

O BNG vén demandando ante o Estado e Xunta a necesidade do desdobramento e mellora a AG-31 para completar o tramos de Celanova até a fronteira portuguesa, unha demanda das veciñas e veciños da comarca da Baixa Limia que se remonta até dúas décadas. Hai xa máis de 9 anos que tras soportar o atraso habitual nas infraestruturas en Ourense, entrou en funcionamento a autovía AG-31, nalgún momento denominada A Mezquita-Fronteira Portuguesa, mais só chega ate Celanova.

O na altura anunciado proxecto viario de comunicación de Galiza co Norte de Portugal ficou aparcado pola Xunta de Galiza por mor da crise económica sen que consta a existencia de actuación posterior algunha para a tan necesaria vertebración territorial.


autovías /  infraestructura /