Redacción •  Galicia •  05/08/2024

BDS Coruña segue a denunciar o xenocidio palestino e a reclamar o boicot e a fin das relacións con Israel

  • 6 agosto a las 18 h.
  • A Coruña – Coiraza do Orzán.
BDS Coruña segue a denunciar o xenocidio palestino e a reclamar o boicot e a fin das relacións con Israel

Mentres o mundo mira os Xogos Olímpicos, segue a hipocrisía de deixar de lado o sufrimento dun pobo enteiro. Case 10 meses despois de xenocidio retransmitido e consentido contra o pobo palestino, de máis de 40.000 persoas asasinadas, milleiros baixo o entullo, mutiladas, abandonadas, castigada coa fame, seguimos reclamando un alto ao fogo e o comezo dun proceso de reparación da infamia histórica do Estado de Israel contra Palestina. O Estado español ten a responsabilidade de contribuír a poñer fin a esta barbarie cortando relacións con Israel e cumprindo a sentencia do Tribunal Internacional de Xustiza, que vén de condenar a Israel como responsable de múltiples e graves violacións do dereito internacional contra o pobo palestino e responsable de cometer apartheid.

Basta de complicidade! Tamén no verán mobilízate por Palestina na Coiraza do Orzán o martes 6 de agosto ás 18h!


boicot a Israel / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com