Redacción •  Galicia •  02/09/2020

Os sindicatos denuncian á Consellería de Medio Rural por realizar «descontos ilegais» nas nóminas do Servizo de prevención de incendios forestais, en folga desde o 1 de agosto

Os sindicatos CCOO, CIG, CSIF e UGT decidiron denunciar xudicialmente ao departamento da Xunta por detraer certas cantidades do salario do persoal técnico do SPIF.

Os sindicatos denuncian á Consellería de Medio Rural por realizar «descontos ilegais» nas nóminas do Servizo de prevención de incendios forestais, en folga desde o 1 de agosto

Os sindicatos coidan que esta práctica é a resposta da Consellaría ao «éxito» da folga e que con ela pretende «amedrentar e desmobilizar» o persoal.

Segundo os sindicatos, malia ao «estrito cumprimento» dos servizos mínimos fixados, «que dan fe da máxima responsabilidade e compromiso do colectivo co servizo público», Medio Rural fixo descontos na nómina que corresponden aos días de traballo en servizos mínimos.

Os sindicatos acudirán á Xustiza para denunciar esta «vulneración grave de dereitos fundamentais», ao tempo que esixen a fin desta actuación e a devolución das cantidades detraídas.


CCOO /  CIG /  Consellería de Medio Rural /  CSIF /  UGT /  Xunta de Galicia / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com