PXOM Cabana de Bergantiños •  Redacción •  Galicia •  28/04/2018

O novo PXOM de Cabana de Bergantiños desata as queixas da veciñanza

A Asociación Petón do Lobo denuncia que o alcalde do PP José Muiño volve a teimar nun plantexamento maioritariamente no municipio e o novo planeamento urbanístico do concello xera malestar entre a poboación das parroquias afectadas. 

O novo PXOM de Cabana de Bergantiños desata as queixas da veciñanza
O colectivo sinala que a parroquia de Corcoesto volve a ser a máis afectada ao quedar incluída «casi na súa totalidade» nos dereitos mineiros Julia 2, Julia 3, Julia 4, Julia 5 y Julia 6. Además, outras parroquias como Riboóo e Anós tamén resultan afectadas polo dereito mineiro Covadonga e Canduas polo dereito mineiro Grafo. No caso dos dereitos Julia 2 a Julia 5, estes afectarían «na súa totalidade» ás casas e ás granxas, é dicir, a núcleos de poboación habitados.
 
Petón do Lobo sinana que trátase de dereitos mineiros da Sección C solicitados, a meirande parte deles, en decembro de 2011 pola matriz da empresa canadiana Edgewater e denegados «por silencio administrativo» da Xunta de Galicia.
 
INTENCIONALIDADE DO PXOM
 
A entidade considera que do plantexamento do novo PXOM dedúcese a intencionalidade clara de que «hai dereitos que, aínda que caducados, seguen a desperar o interés municipal e outros que, aínda que vixentes, non hai rastro deles en toda a cartografía do planeamento urbanístico».
 
Esta intencionalidade, que tachan de «espúrea», é a que está a xerar malestar entre a veciñanza afectada, posto que «se está a xerar inseguridade xurídica» ao mesmo tempo que dende a alcaldía ponse a minería metálica por riba dos intereses veciñais.
 
Como exemplo, poñen o caso de outros dereitos de empresas que tamén aparecen caducados, coma o dereito mineiro Regalados. Sen embargo, sí aparece outro dereito caducado xa no ano 2005, como o dereito mineiro Grafo a nome doutro empresario local; e non aparece, sen embargo, o dereito mineiro en vigor que sí afectaría de forma moi importante á parroquia de Cánduas como é o permiso Jorge Reyes. 
 
Para Petón do Lobo «é significativa a relevancia» que sen embargo o concello lle presta aos dereitos mineiros, incluso os xa caducados de Edgewater, é dicir, ata o punto de primar a caducidade destes sobre o dereito mineiro Baralláns (titularidade da empresa ourensá Pizarras San Gil), sen caducar, e que sen embargo, non figura na planificación urbanística municipal.
 
Dende a asociación apuntan que tamén é igualmente importante que os dereitos mineiros popularmente coñecidos como “As Julias” afecten a áreas especialmente importantes desde o punto de vista paisaxístico e natural como o val fluvial do río Lourido ou ao LIC Río Anllóns.
 
A VECIÑANZA PIDE QUE O ALCALDE DÉ A CARA 
 
Polos motivos expostos, dende Petón do Lobo confían en que José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana, acuda en persoa á reunión que ten previsto realizar na parroquia apra a explicación do Plan Urbanístico en tramitación o vindeiro 2 de maio e lle explique «cara a cara» á veciñanza «esta aposta pola minería do ouro por riba dos intereses veciñais». 
 
O ACTUAL EXECUTIVO DA XUNTA, FAVORABLE Á MINARÍA METÁLICA 
 
Petón do Lobo conclúe que esta situación eonglóbase nun contexto no que a propia Xunta móstrase proclive á minería metálica nas súas distintas vertentes sen valorar outro tipo de condicionantes, como as afectacións ao territorio e ao medio ambiente, primando a actividade extractiva fronte a outros sectores productivos como a agricultura e a gandeiría, que son básicos para a poboación galega. 

Cabana de Bergantiños /  José Muiño Domínguez /  Partido Popular /  Petón do Lobo /  PP /