Redacción •  turismodeourense.gal •  Galicia •  25/09/2016

Colectivos sociais e ecoloxistas pídenlle ao Concello de Ourense que asuma as súas responsabilidades e convoque o Consello Municipal da Mobilidade

Amigos da Terra, Stop Accidentes, Discafis-Cogami, Limiar, Ampa Os Rosais e Masa Crítica consideran que a Semana da Mobilidade é o mellor momento para un anuncio destas características e  que o consistorio "debe demostrar que se toma en serio as cuestións de mobilidade na cidade de Ourense" e que "lle preocupa a seguridade viaria e a calidade de vida en termos de ruído, contaminación e atropelos".

Colectivos sociais e ecoloxistas pídenlle ao Concello de Ourense que asuma as súas responsabilidades e convoque o Consello Municipal da Mobilidade

Por iso, veñen de presentar o venres 23 de setembro unha solicitude por rexistro unha solicitude formal para a constitución do Consello Municipal da Mobilidade, como «ferramenta útil a cidadanía«. As entidades pensan que a actual mesa de mobilidade debe de converterse nun consello municipal, que posibilite tomar acta e que as decisión alí tomadas «sexan tidas en conta e sexan vinculantes«.

Asemade, pídenlle ao Concello de Ourense, e a ao seu alcalde , Jesús López Abad (PP), que se comprometa a mellorar as condicións de mobilidade da cidade cunha serie de medidas, como son o aumento das zonas peonís, a mellora do transporte público, a implantación dunha amplia rede de pasos elevados, a integración da bicicleta na cidade, a adopción de medidas contra a alarmante cifra de atropelos e finalmente o desenvolvemento de novas políticas que garantan o cumprimento da lexislación en materia de accesibilidade.


mobilidade /  Ourense /  transporte público /