Creative Commons •  Redacción •  Galicia •  25/03/2018

Compromiso por Galicia reclama unha compensación do 3,5% para os pensionistas galegos e coeficiente reductor para os traballadores do agro

Os pensionistas son un colectivo social que está hoxe en día en pé de guerra na defensa dos seus dereitos e da súa calidade de vida. CxG defende ás reivindicacións do colectivo en xeral, ten que ser recoñecido que foron os garantes da dignidade de moitas familias na crise, que pagaron dúas veces. Enfronta agora unha suba do 0,25% nas súas retribucións, xa roubadas co co-pago e as conxelacións aplicadas por PP e PSOE.

Compromiso por Galicia reclama unha compensación do 3,5% para os pensionistas galegos e coeficiente reductor para os traballadores do agro

En Galicia os pensionistas teñen unha importancia vital xa que  a denominada Taxa de Dependencia que é proporción entre activos e dependentes de estes é a segunda do Estado. Sendo unha situación que encarece os servizo sociais e o gasto social. A isto dende CxG indican que «Galicia é a segunda en pensións máis baixas é a mostra de que merece unha actuación especial».

Compre tamén sinalar a singularidade do mercado laboral galego, con profesións moi afectadas polos coeficientes redutores e outras que o merecen e non o teñen como é a agricultura.

Polo exposto dende CxG queren introducir no debate de pensións dúas novas variantes en relación con Galicia e outra con visión estatal:

1.  Como dinamizador económico e medida de redistribución de riqueza, onde a Taxa de Dependencia supere o porcentaxe de 56 ás pensións se revaloricen nun 3,5% a maiores garantindo unha distribución máis xusta dos fondos do Estado e unha maior capacidade de consumo.

2.  Lexislar a aplicación dun coeficiente redutor ás profesións do agro, por conta allea e propia, do 0,3 suxeito á unha continuidade das explotación de a lo menos 15 anos. De este xeito CxG quere dignificar os traballos agrarios e garantir a continuidade xeracional a maiores de loitar contra o despoboamento do rural galego.

3. Vincular o fondo de pensións estatais aos Orzamentos do Estado, de xeito que a súa dotación atenda a criterios de prioridade absoluta, igual que por exe. As forzas de seguridade ou o exercito. Anular o discurso perverso (con connotacións de inducir medo) de asociar a viabilidade das pensións ao número de afiliacións á SS.

No resto de reclamacións o partido súmase a sindicatos e asociacións de xubilados.