En Común Unidas Podemos •  Redacción •  Galicia • 23/04/2019

Enrique Santiago estará en Lugo para falar das medidas de En Común

Este mércores 24 de abril ás 19:30 horas, no Centro Social Uxío Novoneyra de Lugo, Enrique Santiago, Secretario Xeral do PCE e candidato ao Congreso de Unidas Podemos por Madrid, estará xunto as candidatas de En Común Unidas Podemos para explicar as nosas propostas para as vindeiras Eleccións Xerais do 28 de abril. 

Enrique Santiago estará en Lugo para falar das medidas de En Común

No acto, Enrique Santiago, estará acompañado polas candidatas e candidatos de En Común Unidas Podemos: a cabeza de lista de En Común Unidas Podemos, Yolanda Díaz, as candidatas pola provincia de Lugo, Vanessa Somoza e Begoña Pedrouzos, o candidato pola provincia da Coruña, Antón Gómez-Reino, a candidata polo senado de Lugo, Nery Díaz, a candidata polo congreso, Ángela Rodríguez (Pam), a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla e a secretaria de Municipalismos de Podemos Galicia, Luca Chao. 


En Común Unidas Podemos /  En Común Unidas Podemos /  Esquerda Unida /  Redacción /