mapio.net •  Redacción •  Galicia •  15/01/2018

En Marea denuncia a ocultación de información pública relativa aos contratos cunha multinacional por parte do SERGAS

En Marea solicitará información e explicacións sobre a falla de resposta da Xunta de Galicia a pregunta presentada polo grupo parlamentario relativa a diversos contratos do Sergas cunha multinacional americana, información que fora denegada con anterioridade a asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, considerou “unha barbaridade” que o Goberno galego trate de ocultar información pública sobre como está a privatizar o servizo público de saúde do noso país.

En Marea denuncia a ocultación de información pública relativa aos contratos cunha multinacional por parte do SERGAS

Desde En Marea entenden que esta introdución das empresas de xeito escuro é un paso máis no intento de consecución desas áreas de xestión clínica mal logradas que intentan agora acadar pola vía dos feitos como denunciou Eva Solla. Son xa varios os profesionais que teñen denunciado que introducir unha serie de maquinaria e probas para unhas especialidades si e para outras non, supuña impedir o acceso igualitario de todas as persoas ao sistema ao que se suma o escurantismo desta introdución e facilitando a privatización do sistema ao permitir a entrada das empresas na xestións da nosa sanidade.

“Estamos ante un feito realmente preocupante, é unha barbaridade que a Xunta de Galicia non acceda a facilitar información sobre esta nova privatización escudándose unha vez máis nos intereses dunha empresa privada incidindo aínda máis na opacidade da Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia que continúa a incumprir a súa propia Lei de Transparencia” concluíu Eva Solla.


En Marea /  sanidade pública /