Redacción •  Galicia •  14/08/2016

A candidatura de «A Marea do Pobo» encabezada pola diputada de AGE Eva Solla e Juan Fajardo presentose hoxe en Vigo ás primarias de En Marea para «contribuir ao afianzamiento da esquerda política e social en Pontevedra»

Eva Solla: “Esta candidatura quere empezar felicitando ao resto das candidaturas por convertir o espazo de primarias de En Marea en Pontevedra nun verdadeiro proceso participativo e plural”.

A candidatura de «A Marea do Pobo» encabezada pola diputada de AGE Eva Solla e Juan Fajardo presentose hoxe en Vigo ás primarias de En Marea para «contribuir ao afianzamiento da esquerda política e social en Pontevedra»

Esta mañá presentouse a candidatura de Marea do Pobo en Pontevedra, que busca por ao servizo das clases populares a experiencia e o traballo de loita de deputados de AGE como Eva Solla e Juan Fajardo, e incorporar a xente cun compromiso claro en defensa da sanidade pública, nos dereitos dos traballadores e traballadoras, na defensa do noso patrimonio natural e dun modelo económico diferente.

Eva Solla lembrou que En Marea e o seu proceso de primarias marcan unha clara diferencia cos procesos preelectorais doutros partidos que son meras designacións de candidatos por aparatos políticos e considera que A Marea do Pobo “será un espazo político importante para conquerir novos xeitos de entender a política e a participación nos procesos electorais, con coherencia e responsabilidade”.

A candidata da Marea do Pobo suliñou tamén que “Marea do Pobo non só presenta candidatos e candidatas, senón tamén un programa político concreto que defenderán no proceso de concreción programática que se abre nestes días”.

A candidatura de Marea do Pobo conta ademáis con Josué Villar, concelleiro en Gondomar, Mariquiña Lores, médica e activista en defensa da sanidade pública como primeirospostos da lista presentada hoxe.


En Marea /  primarias /