Redacción •  Xunta de Galicia •  Galicia •  08/07/2018

Os informes da Valedora do Pobo presentados ao Parlamento de Galicia demostran que participou na elección de da irmán do voceiro do PP

En Marea esíxelle ao PP que deixe de encubrir á Valedora e as prácticas corruptas na Administración. 

Os informes da Valedora do Pobo presentados ao Parlamento de Galicia demostran que participou na elección de da irmán do voceiro do PP
A Valedora do Pobo presentou o pasado xoves ante o Parlamento de Galicia unha sería de documentos que, segundo a súa versión, a exculpaban da elección de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PP e filla do mentor da propia valedora. Examinada esta documentación, na mesma se pode aprezar que a Valedora do Pobo seguiu intervindo no proceso de selección tempo de despois de ter anunciada a súa abstención do mesmo.
 
Segundo explicou o voceiro de En Marea, Luís Villares, a «Valeduría do Pobo non pode continuar con este desprestixio e coa corrupción que supón enchufar a unha amiga e logo mentirlle ao Parlamento de Galicia sobre a abstención no proceso de selección».
 
Luís Villares sinalou que a revisión da documentación presentada pola valedora ao Parlamento significa «exactamente o contrario do que dixo diante da comisión». Nesa documentación presentada, recólles o documento con data 25 de xaneiro de 2016 no que expresa a súa abstención de participar no proceso de selección da praza de xefe de servizo. Sen embargo, na mesma documentación aportada á comisión figura un informe de 4 de marzo de 2016, un mes e medio despois de que a valedora anunciara a súa abstención, e nel a valedora dá «instruccións sobre o que ela considera de especial importancia para o óptimo desempeño das funcións desa praza e sinala que preferencias, valoracións e méritos deben ser tidos en conta con máis intensidade para o posto que se vai desempeñar». Sinala tamén Luís Villares que «en teoría, a valedora levaba mes e medio sen participar no proceso».
 
Esta información de que Milagros Otero seguía participando mes e medio despois de anunciar a abstención no proceso de selección que favorecería a María Puy Fraga «avala unha vez máis a petición de cese da valedora por ter actuado con desviación de poder, de maneira arbitraria e con absoluto desprezo dos méritos dos demais aspirantes». Ademais, para o voceiro de En Marea, «a valedora vulnerou dereitos fundamentais tal como recolle a sentenza».
 
Para En Marea é hora de esixir que a valedora «poña a disposición do Parlamento e de todas as deputadas e deputados e que o faga antes da celebración do vindeiro pleno», que terá lugar o martes próximo.
 
Noutro sentido En Marea considera que o Partido Popular non pode seguir «protexendo á valedora como fixo na comisión do pasado xoves», mantendo un sistema «corrupto no que se pagan os favores de nomeamentos enchufando aos amigos». 

En Marea /  Parlamento de Galicia /  Valedora do Pobo /