En Marea •  Redacción •  Galicia •  07/09/2016

En Marea impulsará o porto seco de Monforte, a conexión de infraestruturas na Mariña e apostará polas industrias de transformación láctea para xerar valor engadido no rural

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, a número 2 de En Marea por Lugo, Paula Vázquez Verao, o número 3, Víctor Álvarez, e a número 4, Maribel García, mantiveron un encontro aberto á cidadanía en Vilalba esta tarde.  O candidato á presidencia expuxo o programa de En Marea para o rural, especialmente o compromiso de En Marea co sector lácteo e as industrias de transformación para xerar maior engadido.

En Marea impulsará o porto seco de Monforte, a conexión de infraestruturas na Mariña e apostará polas industrias de transformación láctea para xerar valor engadido no rural

Compromiso en economía e emprego e infraestruturas para toda a provincia, impulsar o porto    seco de Monforte é unha prioridade para En Marea agora abandonado; dar unha solución para os problemas de néboa da A-8 que segue sen arranxo desde a súa construción, a conexión de infraestruturas na Mariña occidental foron algúns dos problemas que se trataron cos veciños de Vilalba.
 
VISITA Á FONSAGRADA

A primera hora da tarde, o candidato á presidencia de En Marea visitou A Fonsagrada, unha terra na que viviu varios anos da súa vida desenvolvendo labores de xuíz. Acompañárono no encontro Víctor Álvarez e María Isabel García, terceiro e cuarta da lista por Lugo. A visita comezou cunha parada na Casa de Couso, unha explotación de gando vacún rexentada por Xosé Manuel Méndez, quen leva 15 anos como labrego e non agocha a súa frustración pola situación que está a vivir o agro galego: “O problema é territorial”, sentenciaba.

O candidato de En Marea destacou o problema da falla de base territorial, que imposibilita a ampliación das explotacións por falla de superficie mentres ao lado teñen monte abandonado ou terras sen cultivar, todo a consecuencia dunha política de brazos caídos do Partido Popular. O dono da granxa e as candidatas intercambiaron opinións sobre a situación que está a vivir o rural galego, incidindo en problemas como a concentración parcelaria ou a situación de parálise que vive o Banco de Terras. Villares sinalou que en zonas coma na Fonsagrada en moitos casos non se fixeron concentracións parcelarias e as que se fixeron non foron operativas polos procesos tan longos que poden chegar aos 10 anos o que fai que non dean solución as explotacións que están en activo neste momento.

A continuación, a caravana trasladouse á Alameda de A Fonsagrada, onde o candidato tivo oportunidade de se reunir con veciñas e veciños da zona, ademais de compartir anécdotas con antigas amizades da súa etapa como xuíz na vila.


En Marea /