CxG •  Redacción •  Galicia •  03/07/2018

Compromiso por Galicia presenta a súa nova agrupación na localidade ourensana de San Amaro

Logo dunha visita ao Centro de Interpretación Castrexa de Las, situado  a cabalo entre os concellos de San Amaro e Punxín,militantes, simpatizantes e veciños de San Amaro acudiron o Restaurante “O Escondite”, onde se celebrou o Acto de presentación da nova agrupación, da que foi nomeado Secretario local, Gonzalo Fernández Iglesias.

Compromiso por Galicia presenta a súa nova agrupación na localidade ourensana de San Amaro
As intervencións foron iniciadas por María Ribeira, Coordinadora Comarcal de Vigo, que destacou o forte crecemento que está a ter CxG, a boa marcha que leva a formación de candidaturas para as eleccións municipais 2019, e ilusión que supón militar nun partido que se parece tanto os galegos, que sen dúbida pronto será eixe central na política galega.
 
Noutra banda, pero coa mesma certeza, o Coordinador Comarcal do Carballiño, Eladio Fernández, tamén destacou o gran esforzo da Dirección de CXG, personificada no Secretario Xeral Piñeiro Docampo, alí presente, que está dando  boas novas, xa que semán tras semán estamos sementando a semente do galeguismo razoable de CXG de concello a concello, por toda xeografía galega. Tamén fixo un percorrido por as necesidades da comarca que están sen resolver e que serán tarefa para CxG, no ánimo de cambiar para sempre a desolación e abandono desta terra, por parte de partidos que só pensaron nos votos e non na xente.
 
Neste sentido falou o novo Secretario local, Gonzalo Fernández, agradecendo a CxG a confianza depositada e no convencemento de que nun ano San Amaro terá alcalde de Compromiso por Galicia.
 
Como é costume neste tipo de actos, pechou o Secretario Xeral de Compromiso, Piñeiro Docampo, agradecendo a presenza aos veciños/as de San Amaro, felicitando o novo Secretario e toda a agrupación local, e dando un repaso a xestión e a forte expansión que está tendo CxG, nun momento chave para a política en xeral e tamén para a galega.