Redacción •  Galicia •  24/04/2023

Galicia en Común insiste na necesidade de protexer o patrimonio histórico de Castro Valente

Antón Gómez-Reino, deputado do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, volver levar ao Congreso as preocupacións polas posibles afectacións dos proxectos do parque eólico de Castro Valente, no límite entre Pontevedra e A Coruña, e unha liña aérea de transporte de enerxía eléctrica ante os novos achados sobre o valor patrimonial e histórico dos restos descubertos arqueolóxicos do lugar.

Galicia en Común insiste na necesidade de protexer o patrimonio histórico de Castro Valente

A iniciativa ten lugar despois de que un estudo do grupo de investigación Síncrisis da Universidade de Santiago de Compostera, dera a coñecer que os restos descubertos na zona son en realidade unha fortaleza do alto medievo e non un castro da idade de ferro como se pensaba.

O estudo de Síncrisis mostrou que se trata dunha fortaleza de entre os séculos V e VII que contaba con 30 torres, unha muralla de 1,2 km e unha extensión dunhas 10 hectáreas. Sería, por tanto, unha construción de gran valor histórico e patrimonial cuxa singularidade pode requerir a súa protección fronte ás posibles afectacións das obras proxectadas na zona.

Neste caso trátase, por un lado, do parque eólico Castro Valente nos concellos de Pontecesures, Valga e A Estrada (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola e que segue a súa tramitación por parte da Xunta de Galicia tras o visto bo otorgado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural á proposta de deseño. Por outro lado, o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220kW doble circuito Lousame-Tibo xa aprobado pola Xunta.

En novembro de 2021, Gómez-Reino xa rexistrara no Congreso unha pregunta relativa ás medidas a tomar ante as potenciais afectacións ao patrimonio arqueolóxico do parque eólico proxectado.

Se ben as competencias en materia de protección do patrimonio son de ámbito autonómico, o deputado de Galicia en Común volveu rexistrar unha nova iniciativa relativa aos proxectos en Castro Valente, salientando que a normativa reserva á Administración Xeral do Estado competencias básicas na materia.

Nela, Gómez-Reino pregúntalle ao Ministerio de Cultura se ten coñecemento dos novos achados do grupo de investigación Síncrisis e se ten pensado realizar algunha actuación para garantizar a conservación do patrimonio potencialmente afectado polos dous proxectos mencionados.

Consulta aquí a iniciativa


Galicia en Común /