Galicia

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

Compostela, 14 de decembro de 2017. A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”.

En Marea reclama solucions reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos

Desde En Marea non cren que se trate dunha situación coiuntural senón que é estructural, e deriva por un lado do empobrecemento de amplas capas da sociedade, debido aos efectos do desemprego, do incremento do emprego temporal, da inestabilidade, precariedade da xeralizaación dos salarios que non son suficientes para vivir, e por outra banda dunhas políticas de vivenda que priorizan o negocio dos grandes poseedores de vivenda sobre o dereito á vivenda.

Temas: 

Luís Villares recrimina a Feijóo a súa negativa a solicitar o corredor atlántico ferroviario para Galicia

Villares asegurou que non se pode dicir que o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e Feijóo “sexan do mesmo partido posto que están en posicións radicalmente diferentes os dous prexudicando a Galicia”. O voceiro de En Marea explicou que a Comisión Europea “declarou financiable o tramo ferroviario Monforte-Palencia, que sería a vía de saída para as mercadorías galegas cara a Europa”. Luís Villares sinalou na sesión de control ao presidente que para que Europa financie esta infraestrutura hai que cumprir un requisito: “que o goberno español solicite a Europa esta financiación”.

Romeo e Julieta en Galicia: unha historia de amor

Pero o amor todo fíxoo posible. Xosé non dubido de viaxar a República Dominicana e casarse con Yaniris. O problema comeza a xurdir cando intentan inscribir o casamento no consulado español neste país. As autoridades consulares de antemán consideraron o casamento como unha fraude de lei xurídico disimulado. Malia todas as probas a vice cónsul de España Ainoha Fabrega, toma a decisión arbitraria de denegar devandito casamento. Incluso cometendo un claro delito de prevaricación. A parella durante cinco anos sufriu todo tipo de humillacións e discriminaciones, nas dependencias españolas.

Esquerda Unida insta á Xunta a esixir unha tarificación por consumo real de auga

Compostela, 28 de novembro de 2017. Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, vén de expoñer esta mañá nunha rolda de prensa en Compostela as medidas que debería poñer en práctica as administracións para garantir o subministro de auga nos concellos, unhas medidas que “neste momento se están a tomar pola vía de urxencia, xa que non había ningún tipo de previsión”, apunta.

En Marea reclama un estudo das causas do aumento de agresións sexuais en Galicia e un reforzo dos axentes de igualdade en administracións e centros educativos

Este ano a convocatoria do Día Internacional contra as Violencias Machistas chega marcada por un alarmante incremento das denuncias por agresións sexuais en Galicia, problema sobre o que centrou o grupo parlamentario En Marea a interpelación que vén de rexistrar no Parlamento de Galicia. “Na raíz do problema está o machismo”, sinalou a deputada Paula Quinteiro, que volveu criticar duramente a “nefasta campaña da Xunta” que cousifica as mulleres ou do Ministerio de Interior, xa retirada, onde se vencellaba agresións e alcol.

Temas: 

Páginas