Redacción •  Galicia •  10/06/2025

«Illa de Toralla: Contigo podemos conseguir que Toralla sexa de todxs»

A illa de Toralla é unha anomalía democrática herdada do franquismo. A esta illa da costa  viguesa non se pode acceder ao seu litoral nin ao interior da illa. Está ocupada e vallada polos ricos que alí teñen as súas posesións que abranguen o mar  e actúan como se estiveran por riba da lei.

«Illa de Toralla: Contigo podemos conseguir que Toralla sexa de todxs»

A servidume de tránsito non se cumpre na Illa de Toralla. Tampouco a servidume de acceso ao mar que se establece en varios puntos ao longo da costa para garantir o acceso público e de balde ao mar. A veciñanza de Coruxo e San Miguel de Oia, máis o ecoloxismo vigués estiveron durante décadas reclamando o libre acceso a illa.  En outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado por esta xente rica que se cre propietaria da illa polo que pretendian manter a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias.

A lexislación vixente recolle que calquera persoa pode chegar ata a ribeira do mar a pé. Pero a realidade é que aos visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte. En 2008 parecía que se conseguira co proxecto de senda peonil para acceder a todo o litoral da illa impulsado pola ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, agora concelleira do goberno municipal. Pero por razóns que se nos escapan aos que non somos ricos o proxecto frustrouse e quedou sen facer a actuación.

En 20142024 volvemos a impulsar esta demanda veciñal cunha acción no acceso a illa. Un grupo de veciños e veciñas das parroquias viguesas de Coruxo e San Miguel de Oia, xunto con activistas de Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Amigas da Terra, bloqueamos a entrada a illa e diante da garita de control de acceso leímos un manifesto reclamando que de devolva ao pobo vigués o que é de seu.

Despois desplegamos unha pancarta xigante no areal do litoral da illa chamando á veciñanza viguesa a reconquistar Toralla. En outubro do ano pasado e tras unha nova acción de visibilización desta usurpación do espazo público realizada na praia do Vao, o Ministerio anunciou a execución dunha actuación para recuperar o libre acceso ao litoral. Veciñanza e Ecoloxistas seguimos realizando accions de concienciación e visibilización mentres a actuación do Ministerio non sexa unha realidade.

Agardamos que desta vez Vigo logre a súa reconquista da illa usurpada polos ricos. Unha victoria da veciñanza e do ecoloxismo vigués. Podemos conseguir máis victorias coma esta se te unes a nós. Contigo temos asegurada a vindeira victoría.

SÚMATE AO ECOLOXISMO


Illa de Toralla /