André Abeledo Fernández •  Opinión •  30/08/2026

Cando retroceden os dereitos, a clase traballadora volve á loita

A ultradereita e a involución social avanzan por Europa e América, e veñen tempos difíciles para a clase traballadora. Vémolo en Italia con Meloni, en España con Abascal e a súa comparsa de Feijóo e Ayuso, na Casa Branca con Trump e na Arxentina con Milei: un mesmo guión repetido con distintos acentos, o mesmo desprezo cara a quen produce a riqueza que outros acumulan.

Deberemos loitar, suar, chorar e mesmo sangrar para recuperar o que hoxe estamos entregando case sen resistencia: os dereitos aos que renunciamos por comodidade e as posicións que non defendemos por medo ou por ignorancia.

O día de mañá, os nosos fillos e netos terán que conquistar de novo aquilo que hoxe estamos perdendo por pasividade. Se non reaccionamos, seremos unha xeración de fracasados, como o son todas aquelas xeracións incapaces de deixarlles ás seguintes un mundo mellor, unha sociedade máis xusta na que o dereito á dignidade sexa tamén un dereito fundamental e non unha concesión graciosa do capital.

Espero que, cando a clase traballadora volva vencer —e vencerá, porque a historia non se detén aínda que ás veces retroceda—, non esqueza que o inimigo non son unicamente os oligarcas e os fascistas declarados.

Tamén o son os traidores: aqueles que, facéndose pasar por un dos nosos, abren as portas ao fascismo por acción ou por omisión. A socialdemocracia acomodada que pacta co capital, o sindicalismo de despacho que negocia migallas e o progresismo de escaparate que cala ante a inxustiza.

Ninguén fai máis dano á causa obreira ca un traidor ou un oportunista, porque o inimigo declarado combátese, pero a quen finxe ser compañeiro primeiro hai que desenmascaralo.

Até a vitoria sempre!


Opinión / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com