André Abeledo Fernández •  Opinión •  29/03/2022

A verdade é sempre a primeira víctima da guerra, e a información convértese en propaganda

Rusia vai ao seu ritmo na guerra da Ucraína, saben que non haberá resposta militar no territorio ruso, eso é imposible.
Rusia conta co apoio incondicional de China, un aliado que lles fará gañar tamén a guerra económica, a militar a teñen gañada.
Namentres aquí a prensa contanos contos, dedica horas a apelar aos baixos instintos, a fomentar a rusofobia, a contarnos historias terribles sobre o que os rusos fan na guerra, historias que raramente van acompañadas de imaxes e case nunca de probas.
Rusia todavía non ten respostado as sancións económicas. Máis conta co apoio incondicional da maior potencia económica do mundo, China é un apoio sin fisuras por moito que dende Occidente taentese poñer este feito en cuestión.
Para corroboralo é suficiente con ler o Global Times, a versión exterior do Diario do Pobo, do Partido Comunista de China, un diario completamente posicionado con Rusia na guerra da Ucraína.
O bombardeo en Iugoslavia, algo que China «nunca olvidará».
«Como remanente da Guerra Fría, a OTAN continúa expandindo o seu alcance xeográfico e rango de operacións. ¿Qué tipo de papel ten desempeñado na paz e a estabilidade mundiais?», ten dito un voceiro chino.
La estrategia rusa no tiene como prioridad ocupar Kiev, ni tampoco destruirlo, va paso a paso.
Rusia ten amosado ao non usar a súa abrumadora superioridade aérea para bombardear a Ucraína, que non quere facer o mesmo que EEUU e os seus satélites, na guerra de Iugoslavia, de Irak, de Libia, ou máis recentemente en Siria.
Járkov e Mariupol son excepcións. Por unha banda están dentro do territorio do Donbás e deben pasar a control das repúblicas autodeterminadas; e tamén porque o exército ucraíno e os neonazis do Batallón Azov se teñen atrincherado en ambas cidades, cos civiles como escudo.
Por moito que en Occidente quera poñer a estas cidades como exemplo de unha resistencia «Numantina» contra o invasor, a realidade é que a resistencia ucraína non é tan forte como nos din, o amosan as centenares de poboacións teñen sido ocupadas polas tropas rusas sin problemas, nin resistencia.
Zelenski segue coa idea de que é preciso provocar unha terceira guerra mundial como saída a guerra, ¿tolos no poder?, ¿psicopatas?. «Si estos intentos de negociar fracasan, eso suporá a terceira guerra mundial», ten manifestado o presidente ucraíno.
O presidente da Ucraína, Zelenski, ten anunciado que suspende a actividade de varios partidos políticos, todos de esquerdas ou pro-autonomia. Na Ucraína xa estaban ilegalizados os partidos comunistas, agora tamén ilegalizan os socialistas. Algo difícilmente de defender dende un punto de vista «democrático».
Vladi Orlov xogador de baloncesto – nado en Jarkov -«… levamos 8 anos en guerra nos que se está bombardeando esa parte do país e iso non sae na televisión. O Exército ucraíno arrasaba con todo e non temos visto a esos mortos nos medios. Sinto moita raiba».
Occidente considérase o embigo do mundo, cando falan de comunidade internacional dende Occidente, refirense tan solo a un grupo de paises que «representa», de aquela maneira, como moito a un 11% da poboación mundial.
O mundo esta cambiando e o imperio se resiste.

Opinión /