André Abeledo Fernández •  Opinión •  28/05/2025

Falar galego na UE e no mundo é máis útil que falar finés

Na Unión Europea 3221000 persoas falan galego, 9000000 de persoas falan catalán, 750000 persoas falan euskera, e 5300000 falan finés.

Pero é Finlandia quen pon máis problemas para o uso do galego, o catalán e o euskera na Unión Europea, din que por motivos económicos e legais, según a miña opinión porque o esta pedindo o Partido Popular, que goberna na Xunta de Galicia sendo o maior inimigo do idioma galego e da cultura da Galiza.

O finés é un idioma sin dúbida, e como todolos idiomas debe ser considerado patrimonio da humanidade, como tamén son idiomas o galego, o catalán e o euskera, con tanta historia ou máis, son idiomas de nacións sin Estado pero que representan a riqueza cultural dos pobos de Europa.

A posición finesa é vergoñenta, hipócrita, mezquina e dende o punto de vista do peso do finés no mundo incluso ridícula.

Lembremos a Europa, a Finlandia e a dereita española que a lingua galega, ademáis de ser un valor cultural e identitario, tamén nos conecta con unha comunidade de máis de 270 millóns de persoas que teñen como idioma o portugués. Merecemos non un mellor trato que o finés, mais cando menos o mesmo trato que calquera idioma da Unión Europea e do Estado español.

Si finalmente son motivos económicos deberían plantexarse tamén a utilidade do finés e dos idiomas minoritarios, mais tamén la Unión Europea en si mesma que pasaría a ser unha simple xestoría, unha Unión de intereses económicos e políticos dunhas élites, pero non é nin será nunca por este camiño unha union de pobos e nacións en igualdade de condicións.


Opinión /