André Abeledo Fernández •  Opinión •  25/10/2021

Eu tamén són da Galiza profunda, e sintome orgulloso.

O caso da xuiza que vén de retirar a custodia do seu fillo a unha muller co argumento de que vive «na Galiza profunda», pon sobre a mesa as grabes consecuencias de ter unha xustiza en máns do españolismo máis rancento e reaccionario.
A xuiza nunha sentenza vergoñenta e insultante para o pobo galego, para a nación galega, deu a custodia ó pai, que vive en Marbella, unha cidade que o auto describe como «cosmopolita» e con «todo tipo de colexios, públicos ou privados». A defensa da muller ten presentado unha queixa ante o Consello Xeneral do Poder Xudicial.
É un caso que pode parecer anecdótico, pero que amosa o xeito de como a ultradereita española ve a Galiza, como a periferia atrasada, cando non como unha colonia.
Aqueles que desprezan o noso idioma, e a nosa cultura, os que negan a nosa historia e tamén a nosa identidade como nazón, dificilmente poden representarnos e respetarnos.
Ven é certo que o noso rural continúa tendo moitas carencias, que o Estado español manten unha débeda histórica co pobo galego  que nin recoñece, nin pensa pagar. Máis as galegas e galegos temos dereito a dignidade, é nosa, e o desprezo deste tipo de xente debe reforzar a nosa determinación a ser, e a seguir sendo galegos.
Galiza se defende e se respeta, o orgullo de ser galego ninguén o pode roubar. Este tipo de ataques deben ser respostados con contundencia por todo o pobo galego.
André Abeledo Fernández (Delegado da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /