André Abeledo Fernández •  Opinión •  24/03/2022

Opinar como deporte de risco

Os de ultradereita dinme comunista, roxo de merda, vaite para Cuba ou para Venezuela, agora tamén me din pro-ruso e vaita para Rusia, iso sí, ningún se ofrece a pagarme o billete de avión.
Tamén alguns da nova esquerda dinme fascista e acusame de ser un infiltrado que busca romper a suposta unidade ao dicir o que penso sin autocensura.
E todos o fan polo mesmo motivo, por tentar dicir a verdade, ainda cando a verdade non esta de moda.
Vivimos tempos donde opinar é deporte de risco.
Unha das cousas que máis me fode últimamente, é que digan que o Goberno español é social-comunista, porque que os que queremos un Goberno social-comunista estamos ben fodidos porque non o tenemos.
Persoalmente procuro non caer na trampa da autocensura por medo a nadar contra corrente, tento fuxir da hipocresía.
Exemplo de hipocresía: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos namentras traizoamos ao pobo saharaui, abrir as portas a refuxiadas ucraínas, mentres as pechamos nos fociños aos saharauis.
O «goberno máis progresista da história», pasará aos libros de história, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharaui. E sinto non no poder calar ante semellante infamia indecente.
O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora se ten escrito un novo capítulo de vergoña «Made in Spain».
Non teño asimilado a nova linguaxe de «Barrio Sésamo» dos de abaixo contra os de enriba. Quedome co linguaxe de «barrio obreiro» de explotados contra explotadores.
«Non son nin de esquerdas, nin de dereitas» é o que dicía José Antonio Primo de Rivera, o fascista fundador de FALANGE, así que coidadiño cos discursos da inconsistencia progre e do fascismo que se esconde detrás do populismo da nova-vella ultradereita de VOX.
A falsa esquerda tarde ou cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o «progre» que leva dentro, «non hai peor fascista que un burgués asustado».
A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocrisía de Occidente. Ucraínos SÍ pero saharauis NON.
A nosa a posición ante os dramas humanos e as guerras marcada polo número de horas en televisión, a tendencia dos titulares, a raza e a relixión das víctimas, e sobretodo e ante todo polos intereses económicos das grandes multinacionais e das oligarquías.
Porque mira que temos tragado sapos co conto recurrente de que «ven a dereita», con as políticas do «mal menor», e claro que ven, ¿pero acaso estas estratexias a teñen freado?, ¿ou a teñen alimentado?.
A estratexia da nova esquerda de chamar a «unidade» dende o personalismo, a inconsistencia ideolóxica, e a renuncia as «liñas vermellas», para crecer electoralmente, ten axudado, ao meu xuízo, a que medre a ultradereita.
Algo que non solo ten pasado no Estado español, pero que segue acontecendo. Non sei cal é o motivo; ¿non o ven?, ¿non lles importa?, ¿son uns inconscientes?, ou simplesmente pisar moqueta e ter unha posición comoda e un salario envidiable os ten feito conservadores.

Opinión /