André Abeledo Fernández •  Opinión •  23/03/2022

A traizón de España ao Sáhara Occidental, un acto vergoñento que pasará a história

Hipocresía: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos mentres traizoamos ao pobo saharaui, abrir as portas a refuxiadas ucraínas , mentres as pechamos nos fociños dos saharauis.
O «goberno máis progresista da história», pasará aos libros de história, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharaui.
O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora tense escrito un novo capítulo de vergoña «Made in Spain».
Venden que ten sido buscando a estabilidade nas fronteiras, di o PSOE, e os outros lo fan medido por rentabilidade electoral no caso de UP.
Pero nada pode tapar a vergoña de traizoar unha vez máis ao pobo saharaui e de entregar o Sáhara Occidental a dictadura de Marrocos.
A autonomía do Sáhara Occidental proposta pola Monarquía sátrapa de Marrocos, sin o dereito a autodeterminación, significa a adhesión do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, significa deixar sin capacidade de decisión ao pobo saharaui, e pasar por enriba de todas as resolucións internacionais contra a ocupación ilegal, é un acto de TRAIZÓN e deixación da responsabilidade histórica que o Estado español ten para co pobo saharaui.
Me ven a mente cando en Tinduf, en novembro de 1976. Felipe González dixo aos saharauis : «Vosa experiencia é a de ter recibido moitas promesas nunca cumpridas. Comprometome coa historia. O noso partido estará con vos ata a victoria final”. Qué vergoña.
Alxeria ten chamado a consultas ao seu embaixador en Madrid polo cambio de posición do Goberno sobre o Sáhara. Estan «moi sorprendidos» polo apoio de España ao proxecto de Marrocos. Como nos corte Alxeria o gas imonos cagar, ademáis de traidores, son tontos de carallo.
Por outra banda hai que lembrar unha vez máis a UP que o Goberno é un, para o bo e para o malo, e cando non se pinta nada no goberno, si realmente se é un «0» a esquerda, ¿para que estar?, ¿polo salario ou polo sillón?. Non se pode ser e non ser parte dun Goberno a vez, cando conveña.
A nova traizón do Goberno progre ao Sáhara Occidental é unha canallada.
O goberno «progre» español traizoa unha vez máis ao Sáhara Occidental, por enésima vez.
O Sáhara Occidental foi ocupado ilegalmente e pola forza por Marrocos cando aínda era protectorado español.
Marrocos se ten pasado polo forro o dereito internacional e tódalas resolucións, e agora o Estado español unese aos EEUU e Israel para dar o visto bo a ocupación definitiva.
EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara trás o respaldo español.
EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara Occidental trás o respaldo español, que apoia a iniciativa de Marrocos para el Sáhara Occidental como o xeito «máis realista» de resolver un conflicto de casi cinco décadas. TRAIZÓN con maiúsculas mentres lame as botas de EEUU.
A falsa esquerda tarde o cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o «progre» que leva dentro, «non hai peor fascista que un burgués asustado».
A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocresía de Occidente. Ucraínos SI pero saharauis NON.
TRAIDORES!
Debemos recuperar a memoria sobre a nosa história e entenderemos ata donde chega a nosa responsabilidade co Sáhara, este non é un conflicto alleo, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.
¡Goberno traidor!.
¡VIVA O SAHARA LIBRE!

Opinión /