André Abeledo Fernández •  Opinión •  22/07/2025

A galegofobia do goberno da Xunta de Galicia é o maior inimigo da Galiza

Temos o inimigo na casa, estamos gobernados polo españolismo traidor, por galegos de mentira, sinvegoñas con vergoña de ser galegos, temos no goberno da Xunta de Galicia ao españolismo máis rancento que fai todo o posible por acabar co idioma galego, saben ben que unha vez que nos rouben o noso idioma podemos dar por morta a nación galega, a traizón aos nosos antergos e as xeracións futuras terá conseguido o seu obxectivo.

O españolismo está a matar o galego dende o goberno da Xunta de Galicia, saben que como avisou Castelo que «si aínda somos galegos é por obra e gracia do noso idioma».

Temos que reaxir ou o pobo galego será parte da historia esquecida da humanidade, a perda dun idioma, dunha cultura, dunha nación e unha traxedia para a humanidade, é unha perda irreparable, séculos de construcción dun pobo que se perden para sempre, unha historia, unha aprendizaxe colectiva, unha idiosincrasia nacional que se perde no esquecemento.

Unha nación precisa facerse respeitar para non perder as dignidade, pois un pobo sen dignidade remata por ser escravo, un pobo que perde o seu idioma perde as súa identidade, unha nación sen pobo non existe, temos unha obriga con Galiza, co que fumos, o que somos, e o que debemos ser, galegos horgullosos de seguir sendo a pesar de todo e de todos.


Opinión /