Grupo Municpal de Esquerda Unida de Narón •  Opinión •  21/11/2016

Posición de EU Narón sobre a reforma da “Praza de Xuvia”

Dende EU Narón facemos un chamamento o diálogo entre o Concello e os veciños para solucionar o conflito aberto polo proxecto de arranxo da “Praza de Xuvia”, o Concelleiro de EU Narón André Abeledo xa indicou en Comisión que “entendemos que a reforma da praza é necesaria”, pero que “é preciso abrir un diálogo cós veciños” porque “existe aínda suficiente marxe para rectificar”.

 

Indicou tamén que os carteis colocados polos mesmos veciños indican “Reforma de la Plaza si, supresión de plazas de aparcamiento no”, a posición de EU neste tema é abrir cauces de diálogo coa veciñanza para poder “modificar o proxecto para que todas as sensibilidades podan sentirse representadas”. 

 

André Abeledo defendeu a necesidade de recoller a posición maioritaria dos veciños para poder facer un proxecto de reforma que realmente poda cumprir a súa función a hora de humanizar a nosa cidade, posto que a humanización non é posible sen a complicidade das veciñas e veciños. 

 

EU Narón pretende buscar unha saída consensuada cós veciños que permita que se leve a cabo a reforma da praza recollendo as súas propostas, para conseguir este fin André Abeledo amosou a súa disposición a sentarse tanto có equipo de goberno como cós veciños para “darlle unha saída a unha reforma necesaria, a retirada do proxecto significaría perder outro ano e un diñeiro da Deputación que máis adiante teríamos que volver a solicitar para o arranxo da Praza de Xuvia.” 

 

André Abeledo quixo deixar claro que a reforma da Praza é unha necesidade que non debe ser utilizada para sacar un rédito político, posto que “os políticos estamos para dar solucións os problemas da cidadanía e non para crealos”, tamén indicou a necesidade de “abrir a participación cidadá a todas as veciñas e veciños de cada barrio ou parroquia para evitar que situacións como a reforma dunha praza poda derivar nun enfrontamento veciñal”.

 

André Abeledo indicou que é necesario universalizar a participación cidadá para que as veciñas e veciños poidan coñecer e dar o seu respaldo os proxectos que se van levar a cabo en cada barrio ou parroquia, evitando deste xeito este tipo de conflitos.”


Opinión /