André Abeledo Fernández •  Opinión •  19/09/2021

Orgullo sindical

O sindicalismo de clase é a única ferramenta que ten a clase traballadora para facer valer os seus dereitos e defender os seus intereses.
A caverna mediática e os tertulianos traballan sen descanso no desprestixio dos sindicatos e dos sindicalistas.
Ben é certo que o sindicalismo amarelo practicado polos que entenden o sindicalismo como un medio de vida, ou ven o sindicato como unha xestora, cando non aínda peror o usan como unha ferramenta en mans da patronal, fan boa parte do traballo suxo.
Pero o sindicato ten que ser unha organización con ideoloxía, claramente de esquerdas, e os seus delegados traballadores con conciencia de clase dispostos enfrontarse aos abusos e ás inxustizas, con a seguridade de ter detrás unha organización disposta a defender a clase a quen representa.
Pero o sindicato non é un ente abstracto, é unha organización formada por traballadores e traballadoras, afiliados e organizados para ter máis forza a hora de defenderse e avanzar cara unha sociedade máis xusta.
As afiliadas e afiliados no sindicato teñen a obriga moral de participar nos procesos internos, e nas loitas que do seu sindicato, non chega con pagar a cuota.
«Na terra fan falta persoas que traballen máis e critiquen menos, que construan máis e destruan menos, que prometan menos e resolvan máis que esperen recibir menos e dar máis que digan mellor agora que mañá.»
Ernesto «Che» Guevara
Na terra precisamos sindicatos e sindicalistas de verdade, sindicalismo con maiúsculas, sindicalismo de clase.
Que viva a clase obreira!
André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /