André Abeledo Fernández •  Opinión •  19/07/2021

A mín non me fales mal de Cuba

A esos cubanos que hoxe apoian o discurso das oligarquías estranxeiras contra a súa patria, contra o seu propio pobo, contra a revolución, digolles que Roma non paga traidores, non haberá ningún pastel que repartir, nin faragullas que recoller. Agora non sodes nada, xa non tedes nin patria.
Cuba comparada con Haití, Colombia, Honduras, Guatemala, cos países do seu entorno, apesar do bloqueo e da guerra económica é un oasis e un exemplo.
Cuba é un exemplo de solidariedade internacionalista, manda médicos donde outros mandan bombas, ten apoiado por todo o mundo ós pobos que loitan contra a opresión e o imperialismo.
Grazas ó apoio sobre o terreno de Cuba, Angola puido vencer e expulsar ó exército do apartheid sudafricano, e esa derrota foi o principio do fin do apartheid en Sudáfrica e supuxo a independencia de Angola.
Nelson Mandela dixo sobre Fidel Castro e a revolución cubana:
«Dende os seus primeiros días, a revolución cubana ten sido unha fonte de inspiración para tódalas persoas que valoran a libertade. Admiramos os sacrificios do pobo cubano no mantemento da súa independencia e soberanía ante a cara da viciosa e orquestada campaña imperialista para destruir a impresionante forza da revolución cubana. ¡Viva a revolución cubana! ¡Viva o camarada Fidel Castro!».
Esa pseudo esquerda progre que escondese a  hora de defender a revolución cubana e os seus logros, que se avergoña da brillante historia da revolución cubana, esa non é esquerda, nin é nada.
Como dixo Fidel Castro «Cuba é unha pequena illa que ten feito unha gran revolución».
Estou moi de acordo coa opinión de Eduardo Galeano sobre Cuba:
«Nunca confundin a Cuba co paraíso. ¿Por qué vou a confundila, agora, co inferno?
Eu son un máis entre os que creemos que se pode querela sin mentir nin calar.
Fai máis de CINCUENTA anos que o veto imperial aplícase de mil maneiras, para
impedir a realización do proxecto da Serra Maestra.»
«A Cuba dictanlle cursos de dereitos humanos quenes asubian e miran cara outro lado
cando a pena de morte aplícase noutros paises de América e aplícase non de
cando e vez, senón de maneira sistemática: achicharrando negros nas cadeiras eléctricas
de Estados Unidos, masacrando indios nas serras de Guatemala e acribillando
nenos nas rúas de Brasil.
¿Deixa de ser admirable a porfiada valentía desta illa minúscula, condeada a
soidade, nun mundo donde o servilismo é alta virtude ou proba de talento? ¿Un
mundo onde quen non se vende, alugase?
Fidel Castro é un símbolo de dignidade nacional. Para os latinoamericanos, que xa
estamos cumprindo cinco séculos de humillación, un símbolo entrañable.»
De Cuba o que temen as oligarquías é o seu exemplo de valor e resistencia, por ese motivo os mamporreros do poder adicanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.

Opinión /