André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/03/2023

Feijóo quere que traballemos enfermos

Feijóo defende a exemplaridade de traballar enfermo, como sindicalista coñezo de primeira man o sufrimento que causa este pensamento empresarial do que Feijóo fai de voceiro. 

Vexo a compañeiros trabllando enfermos, arruinando a súa saúde, teño visto ata que límites pode levar este pensamento a un traballador con medo. 

Traballadores que ademáis de estar sufrindo física e mentalmente, teñen que soportar a presión para que continúen no seu posto de traballo sin estar en condicións, sin poder realmente estar alí. 

Podemonos atopar con traballadores con tuberculosis que teñen estado traballando e aguantando no seu posto de traballo, sin saber que teñen tuberculosis, poñendo en perigo a súa su saúde e a dos seus compañeiros. 

Traballadores que converten lesións leves en graves por non coller unha baixa a tempo e non estar a tratamento. 

Traballadores que solicitan a alta voluntaria ao seu médico, non por considerar que están ben, senón pola presión que reciben na súa empresa. 

Como delegado da CIG en Mercadona as declaracións de Feijóo me son so moi familiares e sei ben o perigosas que son e o sufrimento que provocan aos traballadores e familias enteiras. 

Unha persoa enferma non ten que estar no seu posto de traballo, poder enfermarse e coller unha baixa para recuperarse é un deses dereitos que se gañaron loitando e se pagaron con sangue, suor e bágoas. 

Non podemos permitir que o PP e VOX veñan a roubarnos todo, ou máis ben o pouco que nos queda.


Opinión /