André Abeledo Fernández •  Opinión •  14/11/2021

O libre mercado nada ten que ver coa libertade.

Si o noso salario non aumenta a par do prezo dos productos de primeira necesidade, si os prezos aumentan máis que o noso soldo, iso quiere dicir que nos baixaron o soldo.
Encarecer a vida sin aumentar os salarios é un xeito de fabricar traballadores pobres e de convertir pobreza en miseria.
O libre mercado ten demostrado con creces que é unha fábrica de miseria e desigualdade, as leis do mercado son inxustas, terroristas e atentan continuamente contra as traballadoras e os traballadores.
O Estado debe ter un deber para co pobo e non cos «lobbys económicos», os intereses da clase traballadora nada teñen que ver cos intereses das multinacionais.
A democracia non é real cando quenes gobernan realmente non foron elexidos, cando quenes manexan os fíos son multinacionais, oligarquías e poderes facticos que entenden que os seus privilexios son un dereito.
Non podemos seguir deixando en máns do raposo o galiñeiro, porqué o futuro e o presente da clase traballadora depende de que a clase traballadora tome conciencia e faga valer a súa su maioría en tódolos sentidos para poñer a riqueza e os recursos ao servizo da cidadanía.
Os sectores estratéxicos, os servizos básicos para un pobo non deben ser convertidos nun simple negocio, os seres humanos non somos cousas, ou mellor dito no debemos permitir que nos sigan tratando como mercadorías.
O Estado debe intervir a economía ou será sempre unha gran mentira, a nosa vida está ligada a economía, as decisións políticas son tamén económicas, porque o prezo da enerxía, da auga, do pan, depende de decisións políticas e de modelo económico.
O Estado do benestar depende da xustiza social, non hai xustiza social sin igualdade, non hai igualdade sin democracia, non hai democracia cando unha minoría impón os seus intereses a maioría.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /