André Abeledo Fernández •  Opinión •  11/10/2025

No 2017 presentei unha Moción en Narón polo recoñecemento do Estado palestino

Para os que din que foi o 7 de Outubro cando comezou o xenocidio como vinganza polos atentados de Hamás decirlles que o comezo da traxedia foi en 1948 coa fundación do Estado de Israel.

En 2017 presentei ao pleno de Narón (A Coruña), unha moción ao pleno que hoxe seguiría estando vixente. Alegrome que aínda que moi tarde cando menos teña chegado o recoñecemento do Estado Palestino no 2025.

Unha moción polo recoñecemento do estado Palestino, para o Pleno do Concello de Narón. – O coselleiro André Abeledo, tentará acadar o apoio do resto dos grupos do consistorio para condenar o xenocidio en Palestina. – André Abeledo preguntase. Por que o Estado Español segue sen recoñecer ao Estado Palestino?

Nos acordos da Moción EU Narón pide o apoio do consistorio a catro puntos:

1.- Instar ao Goberno Central a mostrar a súa oposición a decisión unilateral dos EE.UU. de recoñecer Xerusalén como capital de Israel.

2.- Instar ao Goberno Central para que nos diferentes foros internacionais defenda o cumprimento por todas as partes das resolucións das Nacións Unidas.

3.- Instar ao Goberno Central ao recoñecemento do Estado Palestino.

4.- Que o Concello de Narón mostre a súa queixa por escrito ante a embaixada dos Estados Unidos en España pola decisión tomada en relación a capitalidade de Xerusalén.

André Abeledo fixo a seguinte declaración despois de coñecerse o recoñecemento por parte dos EEUU de Xerusalén como capital de Israel.

Hoxe en Palestina resistir é sobrevivir. 

Unha nova agresión contra o pobo palestino, unha nova traizón, outro abuso por parte do imperio ianqui ao recoñecer a Xerusalén como capital de Israel. 

Donald Tump, o presidente dos EEUU, o desequilibrado extremista que goberna a bandazos a potencia militar máis poderosa do mundo, decidiu pasarse polos forros tódalas resolucións internacionais e recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel. 

Se cadra hoxe máis que nunca podemos ver claramente ata que punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington.

Esta decisión amosa claramente a Trump como un títere do sionismo e valedor dos intereses de Israel en Oriente Medio.

Esta terrible decisión que fará que unha vez máis se reguen as rúas de Palestina con sangue inocente, é unha humillación máis para un pobo tan torturado como o palestino e tamén un insulto a tódolos organismos internacionais.

Os EEUU amosan que a nin sequera pensan facer o paripé de respetar certos límites, a nova administración non respetará nada, nin tratados internacionais, nin soberanías nacionais.

Quen responderá por tóldala sangue que se vai a derramar pola decisión dun Presidente que despreza a vida humana?.

Ninguén dirá nada polos nenos que van a ser asasinados, por todos os detidos e torturados, polas familias desfeitas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias.

A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror?.

Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?.

Non podemos gardar silencio ante a barbarie, os pobos non obedeceremos as ordes do Imperio. Si os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.

Hoxe en Palestina sobrevivir é resistir.


Opinión /